Entries by ruben

Remata a Escola da Sensibilización Ambiental

Logo de case catro meses, esta semana rematamos co proxecto Escola da Sensibilización Ambiental do programa Aula Ambiental Ulla+22, financiado pola Deputación da Coruña.

Durante este tempo, Amabul percorreu diferentes centros educativos da provincia da Coruña nos que, durante unha semana lectiva, instalou a súa exposición Unha ameaza chegada dun espazo exterior, desenvolveu obradoiros educativos …

Xornada de voluntariado ambiental ERRADICADESCANTIA

Logo das dúas primeiras xornadas do Erradicadescantia, nas cales conseguimos eliminar máis de 4 toneladas da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla, convidámoste a unha nova xornada de voluntariado ambiental para seguir mellorando o estado de conservación do bosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

Especies como o carballo, o …

Programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora

Presentamos novo programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundaria da comunidade autónoma de Galicia, consistente na realización de obradoiros ambientais nos propios centros educativos. Trátase dun programa financiado pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Os centros educativos …

Amabul presenta os seus Campamentos Ambientais de verán

Un ano máis Amabul desenvolve durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2022 os seus campamentos ambientais para público benxamín, infantil e xuvenil.

 

PARTICIPANTES

Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2016 e 2018)
Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2010 e 2015)
Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os …

Comeza o ERRADICADESCANTIA 2022

Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para …

Obradoiros ambientais en centros educativos

Comeza a programación da Aula Ambiental Ulla +22, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Primavera.

Os centros educativos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, os Obradoiros Ambientais sobor Flora Exótica Invasora que nesta edición veñen acompañados do préstamo da exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.

DESCRICIÓN

A presente actividade …

Aberto o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Sénior Amabul 2022

Se es maior de 55 anos e tes gañas de dedicar un pouco do teu tempo a realizar un labor social e ambiental, Amabul é a túa opción.

Neste ano, as voluntarias e voluntarios participarán en actividades de educación e control ambiental na Aula Ambiental Amabul+22, no coidado e conservación da contorna co proxecto Erradicadescantia …

Aberto o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Xuvenil Amabul 2022

Se tes entre 16 e 30 anos e tes gañas de dedicar un pouco do teu tempo a realizar un labor social e ambiental, Amabul é a túa opción.

Neste ano, as voluntarias e voluntarios participarán en actividades de educación e control ambiental na Aula Ambiental Ulla+22 e na Escola Ambiental Amabul e con actividades …

Última xornada ERRADICADESCANTIA en 2021

Dende Amabul propómosche a última xornada de voluntariado ambiental do Erradicadescantia para este 2021!!!

Queremos rematar o ano agradecendo ás máis de cen persoas voluntarias que participaron connosco neste labor de limpeza da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, liberando máis de 500 metros cadrados da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.

Este labor …

Presentamos a ESCOLA AMBIENTAL DE NADAL

Un nadal máis Amabul presenta a súa Escola Ambiental para público infantil e xuvenil, coa novidade da QUENDA PARA BENXAMÍN desta edición.

 

PARTICIPANTES

Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2016 e 2018)
Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2009 e 2015)
Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2009)

 

DATAS …