Programa de Acción Ambiental
ende Amabul entendemos que a capacitación ambiental non ten sentido se non está ligada a unha acción que redunde nun incremento da sustentabilidade ambiental do noso territorio.
A través do programa de acción ambiental AMABUL, pomos un marcha un aglomerado de proxectos, actividades e actuacións directas sobor a contorna que procuran a súa mellora e conservación. Trátase de propostas, normalmente ligadas a un proxecto de capacitación ambiental, coas que procuramos que as e os participantes formalicen competencias ambientais para toda a súa vida.
Na actualidade, a nosa asociación está a traballar principalmente en dúas liñas de acción ambiental; o control e erradicación da flora exótica invasora, a través do proxecto Erradicadescantia e como entidade adherida á Estratexia Transnacional contra Cortaderia Selloana; e a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros, a través do proxecto Faladoiros. Amais, Amabul desenvolve puntualmente diferentes actuacións de mellora da contorna ullá, mediante actuacións específicas deseñadas ao efecto.

As últimas novas do Programa de Acción Ambiental
XORNADA ERRADICADESCANTIA 31 OUTUBRO 2026
Continuamos co Programa Erradicadescantia cunha sesión de Erradica sens-act na que faremos seguimento, control e eliminación de flora exótica invasora (Tradescantia fluminensis); e cunha actividade Erradica sens-form que consistirá nunha breve formación sobre as …
XORNADA ERRADICADESCANTIA 26 SETEMBRO 2026
Despois do verán continuamos co Programa Erradicadescantia cunha sesión de Erradica sens-act na que faremos seguimento, control e eliminación de flora exótica invasora (Tradescantia fluminensis) ; e cunha actividade Erradica sens-form que consistirá nunha …
WORLD CLEANUP DAY, MOBILÍZATE POLO RÍO MERÍN!
Un ano máis chega o World Cleanup Day ao río Merín! Xornada mundial de limpeza do planeta, na que AMABUL participa en colaboración co Centro Comercial As Cancelas.
CANDO? Venres 18 de setembro de 17 …






