O equipo de AMABUL

Rubén Villasenín

Rubén Villasenín

(Vedra, 1980)

Educador social e ambiental cunha dilatada traxectoria no desenvolvemento de proxectos de acción, capacitación e divulgación ambiental na comunidade galega. Defensor do autóctono, apaixonado da micoloxía e en loita continua contras as inxustizas ambientais. Na actualidade é o Presidente de Amabul e coordinador do seu Programa de Divulgación Ambiental.
Fátima Rocha

Fátima Rocha

(Vedra, 1995)

Técnica en actividades físico deportivas no medio natural,  activista ambiental e social recoñecida na comarca do Ulla. Fátima é unha persoa apaixonada do monte, do sendeirismo e da escalada. Actualmente é a Secretaria de Amabul e responsable da súa Área de Extensión.

Daniel Longarela

Daniel Longarela

(Compostela, 1981)

Educador social, educador ambiental e director de lecer e tempo libre. Namorado da natura e da biodiversidade galega. Comprometido coa educación ambiental dende o ámbito educativo, entomólogo afeccionado e traballador incansable contra a eucaliptización da terra. Actualmente coordina o Programa de Capacitación Ambiental de Amabul.

Paula Torrijos

Paula C. Torrijos

(Cuenca, 1990)

Educadora social e orientadora educativa con ampla experiencia no desenvolvemento de proxectos de educación e interpretación ambiental. Fanática dos xogos na natureza, namorada da fauna e gran dinamizadora de procesos creativos. Activista de Amabul e coordinadora do seu Programa de Acción Ambiental.

Xabier Couso

Xabier R. Couso

(Lalín, 1984)

Educador social e monitor de lecer e tempo libre con experiencia en campamentos e campos de voluntariado ambiental. Activista, voluntario e defensor da natura en toda a súa diversidade. Coordinador do Programa de Voluntariado Ambiental de Amabul.

Rocío Lozano

Rocío Lozano

(Granada, 1989)

Psicóloga especialista en neurociencia, monitora de lecer e xestión e dirección de proxectos de participación xuvenil. Namorada da diversidade galega e da súa paisaxe. Convencida da educación ambiental como ferramenta para o cambio ecosocial, ten ampla experiencia como monitora scout e na xestión de proxectos de psicoloxía ambiental para diversos colectivos. Coordinadora do Programa de Prácticas Curriculares e da Sección Xuvenil de Amabul.

Borja Gómez

Borja Gómez

(Compostela, 1987)

Biólogo especializado en biodiversidade e conservación do medio natural con experiencia como mestre de educación secundaria.  Entre os seus intereses destaca a protección da contorna, os proxectos de valorización e concienciación da biodiversidade, a entomoloxía e a micoloxía. Forma parte da xunta directiva de Amabul e é o seu biólogo titular.

Bárbara Penas

Bárbara Penas

(Vedra, 1994)

Traballadora social, sexóloga experta en xénero e monitora de tempo libre. Apaixonada da súa terra e comprometida coa loita feminista, goza de investigar sobor o ciclo menstrual e a súa relación coas plantas medicinais como apoios amorosos para a saúde sexual. Afeccionada da bici de monte e do ioga. Activista e técnica en igualdade de xénero en Amabul, coordina o proxecto Faladoiros e o seu programa transversal de xénero.

E ti, queres pertencer ao noso equipo?

Faite socio de AMABUL