Voluntariado Interxeracional no medio rural
eCIRCULAR Vetas
programa de Voluntariado Interxeracional no medio rural eCIRCULAR Vetas contou cun apoio financeiro da Unión Europea de 18.000,00 € a través dos fondos NextGenerationEU do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (ao abeiro da orde de axudas para proxectos de voluntariado interxeracional da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia) para un custe total de programa de 19.748,36 €
O programa de Voluntariado Interxeracional no medio rural eCIRCULAR Vetas entende a realidade de xeito circular:
- partindo dos coñecementos e experiencias das persoas maiores que retornan á comunidade a través das persoas mozas.
- pondo especial énfase nos ciclos de vida dos recursos, procurando devolver ao ambiente o que nos dá o medio rural.
- entendendo a circularidade da economía, maximizando os recursos materiais e humanos que nos ofrece o rural.
Os obxectivos cumpridos co programa foron:
Xerais:
- Púxose en valor o labor primordial das persoas voluntarias no desenvolvemento do medio rural e no intercambio de talento, experiencias vitais e coñecemento.
- Desenvolvéronse accións interxeracionais que redundaron nunha nova percepción do medio rural como espazo promotor de oportunidades de futuro e como contorno enriquecedor das condicións de vida.
- Impulsáronse iniciativas locais en materia de protección do ambiente e en materia turística e cultural.
- Recoñeceuse e púxose en valor a riqueza ambiental da contorna natural e rural do Ulla, coas súas fortalezas e debilidades.
- Inspirouse a renovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
Específicos:
- Impulsáronse novas iniciativas con posibilidades de proxección no mercado en transición cunha economía circular e sustentable.
- Deuse visibilidade ás zonas especialmente vulnerables á explotación mineira da serra do Pico Sacro, no marco da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
- Desenvolvéronse accións sensibilizadoras en materia de protección do medio ambiente ullán, relacionadas coa explotación do recurso rocha.
- Bosquexouse unha idea innovadora de emprendemento no marco da visualización da zona especialmente vulnerable, dende o punto de vista medioambiental, da serra do Pico Sacro.
- Fomentouse a recuperación do oficio tradicional da/o cesteira/o amosando as súas posibilidades de emprego e autoemprego.
- Desenvolvéronse accións formativas para público xeral en materia de cestería tradicional.
- Bosquexouse unha idea innovadora de emprendemento no marco do oficio tradicional de cesteira/o.
- Promoveuse o enriquecemento persoal das persoas voluntarias a través dunha participación vivencial no programa.
- Creáronse espazos de convivencia respectuosa e solidaria entre as persoas participantes, promovendo actitudes participativas e a equidade de xénero.
Os resultados obtidos co programa foron:
- A visualización de zonas especialmente vulnerables dende o punto de vista ambiental a través da realización das diferentes accións realizadas: 25 formativas, 15 colaborativas, 2 de extensión voluntaria, 15 de creación de iniciativas piloto e 3 avaliativas.
- A xeración dun coñecemento renovado arredor do sector da protección do ambiente, impulsando iniciativas innovadoras, efectivas e viables, na visualización de zonas especialmente vulnerables dende o punto de vista ambiental, materializado na iniciativa piloto desenvoltas no marco desta liña de acción e descritas anteriormente: xogo de mesa “Seguindo o Seixo: unha viaxe pola minaría”.
- A promoción do oficio tradicional de cesteira/o no contexto rural do programa a través da realización das diferentes accións realizadas: 25 formativas, 15 colaborativas, 2 de extensión voluntaria, 15 de creación de iniciativas piloto e 3 avaliativas.
- A xeración dun coñecemento renovado arredor do sector do sector turístico e cultural, impulsando iniciativas innovadoras, efectivas e viables, no eido dos oficios tradicionais galegos, materializado na iniciativa piloto desenvolta no marco desta liña de acción e descrita anteriormente: a iniciativa “Vimbiose”.
- A mellora dos procesos comunicativos para a transmisión da aprendizaxe arredor do sector turístico e cultural, grazas a todas as accións desenvoltas e mencionadas anteriormente, á creación da iniciativa piloto e a toda a información xerada nas diferentes redes sociais de AMABUL e na web propia do programa (https://www.amabul.org/voluntariado/interxeracional-ecircular-vetas/)
eCIRCULAR Vetas artéllouse a través de 2 liñas de acción:
Protección do ambiente
Turística e cultural
que se desenvolveron mediante 2 proxectos:

Cada proxecto contou cun grupo interxeracional formado por unha persoa maior de 55 anos e unha persoa moza de entre 16 e 35 anos.
Cada proxecto desenvolveuse a través de accións:
formativas_ en materia de voluntariado
formativas e capacitadoras_ na temática de cada proxecto
colaborativas_ para o intercambio do talento sénior-xuvenil
extensivas_ para transferir coñecemento a outros grupos mozos
creativas_ para impulsar ideas emprendedoras
Cada proxecto realizouse entre xaneiro e maio de 2026



As últimas novas do Programa de Voluntariado Interxeracional
Acción formativa do proxecto PAU (maio)
Presentamos acción formativa do proxecto PAU do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).
Con esta acción de formación e capacitación arredor do oficio tradicional de cesteira/o, procuramos explorar as potencialidades do oficio …
Acción formativa do proxecto ROCHA (maio)
Presentamos acción formativa do proxecto ROCHA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).
Con esta acción de formación e capacitación arredor extracción mineira na contorna ullá, procuramos explorar as potencialidades das actividades …
Acción formativa do proxecto ROCHA (abril)
Presentamos acción formativa do proxecto ROCHA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).
Con esta acción de formación e capacitación arredor extracción mineira na contorna ullá, procuramos explorar as potencialidades das actividades …






