Proxecto Auga
proxecto AUGA explora as potencialidades das actividades de conservación e recuperación dos ecosistemas no medio rural co fin de facer realidade o intercambio de talento xuvenil-sénior cara o impulso de novas iniciativas no eido da conservación e recuperación de ecosistemas.
A parella interxeracional deste proxecto compóñena Xesús e Manu.

Xesús ten 68 anos e leva toda a súa vida dedicada ao mundo do voluntariado ambiental, desenvolvendo centos de accións en toda a xeografía galega co fin de mellorar diferentes ecosistemas do noso rural.
Manuel ten 23 anos e acaba de rematar a carreira de bioloxía, atópase nun momento vital no que cómpre explorar as posibilidades laborais que lle ofrece a súa formación académica e pensa que emprender no rural é boa opción.

Durante os meses de maio a outubro de 2025, Xesús e Manu desenvolveron diferentes accións formativas, capacitadoras, colaborativas e de extensión voluntaria co obxectivo de impulsar unha idea de emprendemento concreta no medio rural no marco da conservación e recuperación de ecosistemas: a creación dun xogo de escape ambiental sobre a problemática da flora exótica invasora, para alumnado de educación primaria e secundaria.

Neste tempo 189 persoas puideron participar directamente no proxecto AUGA a través das súas actividades de extensión voluntaria e de presentación da iniciativa piloto; o custe total do proxecto foi de 5.146,18 € dos cales 4.624,27 € foron financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Proxectos

TERRA
Recoñece as potencialidades das actividades relacionadas coa produción de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural
VER
LUME
Explora as oportunidades das actividades relativas á transformación e comercialización de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural
VER
AUGA
Analiza as potencialidades das actividades de conservación e recuperación dos ecosistemas no medio rural
VER
As últimas novas do Proxecto Auga
Acción formativa do proxecto AUGA (outubro)
Presentamos acción formativa do proxecto AUGA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de conservación e recuperación de ecosistemas, procuramos recoñecer a importancia da …
Acción formativa do proxecto AUGA (setembro)
Presentamos acción formativa do proxecto AUGA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de conservación e recuperación de ecosistemas, procuramos recoñecer a importancia da …
Acción formativa do proxecto AUGA (agosto)