Acción formativa do proxecto AUGA (setembro)

Presentamos acción formativa do proxecto AUGA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.

Con esta acción de formación e capacitación en materia de conservación e recuperación de ecosistemas, procuramos recoñecer a importancia da protección da biodiversidade específica e ecosistémica da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza, a través do seguinte

 

OBXECTIVO

_recoñecer a importancia da protección dos ecosistemas no medio rural

 

CONTIDOS

_ innovación en materia de conservación

_ novas tecnoloxías aplicadas

_ propostas e solucións no medio rural

 

CANDO E ONDE?

Mañás dos xoves de setembro na Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

INSCRICIÓNS E MÁIS INFO

voluntariado@amabul.org