Voluntariado Interxeracional no medio rural
eCIRCULAR
programa de Voluntariado Interxeracional no medio rural eCIRCULAR contou cun apoio financeiro da Unión Europea de 21.000,00 € a través dos fondos NextGenerationEU do Plan de recuperación, transformación e resiliencia (ao abeiro da orde de axudas para proxectos de voluntariado interxeracional da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia) para un custe total de programa de 23.370,11 €
O programa de Voluntariado Interxeracional no medio rural eCIRCULAR entende a realidade de xeito circular:
- partindo dos coñecementos e experiencias das persoas maiores que retornan á comunidade a través das persoas mozas.
- pondo especial énfase nos ciclos da materia, procurando devolver ao ambiente o que nos dá o medio rural.
- entendendo a circularidade da economía, maximizando os recursos materiais e humanos que nos ofrece o rural.
Os obxectivos cumpridos co programa foron:
Xerais:
- Púxose en valor o labor primordial das persoas voluntarias no desenvolvemento do medio rural e no intercambio de talento, experiencias vitais e coñecemento.
- Desenvolvéronse accións interxeracionais que redundaron nunha nova percepción do medio rural como espazo promotor de oportunidades de futuro e como contorno enriquecedor das condicións de vida.
- Impulsáronse iniciativas locais en materia de produción agroalimentaria de calidade e sustentable e en materia de protección do ambiente.
- Recoñeceuse e púxose en valor a riqueza ambiental da contorna natural e rural do Ulla.
- Inspirouse a renovación de actividades e oficios relacionados coa produtividade da zona.
Específicos:
- Promovéronse os cultivos ecolóxicos e sustentables baseados na economía tradicional da contorna ullá.
- Impulsáronse novas iniciativas con posibilidades de proxección no mercado en transición cunha economía circular e sustentable.
- Protexeuse e recuperouse a biodiversidade e o ecosistema de ribeira do río Ulla.
- Deuse visibilidade ás zonas especialmente vulnerables do ecosistema de ribeira do río Ulla.
- Promocionouse o desenvolvemento da horta ecolóxica e sustentable mediante a aplicación de prácticas tradicionais.
- Fomentouse a renovación da cociña tradicional a través da innovación na transformación dos produtos agroalimentarios ecolóxicos.
- Púxose en valor e protexeuse a biodiversidade micolóxica como elemento fundamental para a recuperación dos ecosistemas ulláns.
- Recuperáronse hábitats de ribeira do río Ulla mediante accións de voluntariado no eido da flora exótica invasora.
- Protexéronse os ecosistemas do medio rural do programa mediante a posta en marcha de iniciativas de prevención da contaminación mediante a xestión responsable e valorización dos residuos orgánicos a través da compostaxe.
- Promoveuse o enriquecemento persoal das persoas voluntarias a través dunha participación vivencial no programa.
- Creáronse espazos de convivencia respectuosa e solidaria entre as persoas participantes, promovendo actitudes participativas e a equidade de xénero.
- Fomentáronse, durante todo o programa e entre todas as persoas participantes, hábitos de vida saudables e comportamentos responsables co medio rural e natural.
Os resultados obtidos co programa foron:
- A promoción dos cultivos ecolóxicos e sustentables no contexto rural do programa a través da realización das diferentes accións realizadas: 50 formativas, 30 colaborativas, 4 de extensión voluntaria, 30 de creación de iniciativas piloto e 6 avaliativas.
- A xeración dun coñecemento renovado arredor do sector agroalimentario da zona, impulsando iniciativas innovadoras, efectivas e viables, na produción e transformación dos produtos agroalimentarios, materializado nas 2 iniciativas piloto desenvoltas no marco desta liña de acción e descritas anteriormente para cada un dos proxectos: o kit de autocultivo sustentable (proxecto terra) e o servizo “Catering da avoa” (proxecto lume).
- A conservación e recuperación de ecosistemas de ribeira da ZEC no concello de Vedra, mediante as actuacións de eliminación de flora exótica invasora (actuacións de extensión colaborativa do proxecto auga) e mediante a prevención da contaminación (posta en marcha do seguimento da compostaxe doméstica a través da aplicación móbil no proxecto aire).
- A promoción da riqueza ambiental da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza no contexto rural do programa a través da realización das diferentes accións realizadas: 75 formativas, 45 colaborativas, 6 de extensión voluntaria, 45 de creación de iniciativas piloto e 9 avaliativas.
- A xeración dun coñecemento renovado arredor do sector da protección do ambiente, impulsando iniciativas innovadoras, efectivas e viables, na conservación e recuperación de ecosistemas e na promoción da riqueza ambiental da zona, materializado nas 3 iniciativas piloto desenvoltas no marco desta liña de acción e descritas anteriormente para cada un dos proxectos: o xogos de escape ambiental (proxecto auga), a serie de breakout educativos (proxecto luz) e a aplicación móbil (proxecto aire).
- A mellora dos procesos comunicativos para a transmisión da aprendizaxe arredor dos cultivos baseados na economía tradicional, grazas a todas as accións desenvoltas e mencionadas anteriormente, á creación das iniciativas piloto e a toda a información xerada nas diferentes redes sociais de AMABUL e na web propia do programa (https://www.amabul.org/voluntariado/voluntariado-interxeracional/)
eCIRCULAR artéllouse a través de 2 liñas de acción:
Agroalimentaria
Protección do ambiente
que se desenvolveron mediante 5 proxectos:

Cada proxecto contou cun grupo interxeracional formado por unha persoa maior de 55 anos e unha persoa moza de entre 16 e 35 anos.
Cada proxecto desenvolveuse a través de accións:
formativas_ en materia de voluntariado
formativas e capacitadoras_ na temática de cada proxecto
colaborativas_ para o intercambio do talento sénior-xuvenil
extensivas_ para transferir coñecemento a outros grupos mozos
creativas_ para impulsar ideas emprendedoras
Cada proxecto realizouse entre maio e outubro de 2025


Proxectos

TERRA
Recoñece as potencialidades das actividades relacionadas coa produción de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural
VER
LUME
Explora as oportunidades das actividades relativas á transformación e comercialización de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural
VER
AUGA
Analiza as potencialidades das actividades de conservación e recuperación dos ecosistemas no medio rural
VER
As últimas novas do Programa de Voluntariado Interxeracional
Acción formativa do proxecto AIRE (outubro)
Presentamos acción formativa do proxecto AIRE do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de prevención da contaminación, procuramos recoñecer a importancia da prevención na …
Acción formativa do proxecto AUGA (outubro)
Presentamos acción formativa do proxecto AUGA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de conservación e recuperación de ecosistemas, procuramos recoñecer a importancia da …
Acción formativa do proxecto LUME (outubro)
Presentamos acción formativa do proxecto LUME do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de cociña ecolóxica, procuramos recoñecer a importancia da transformación e comercialización …






