Asóciate e mellora a contorna!!!

D

ende a Asociación Medioambiental AMABUL lanzamos a campaña Asóciate e mellora a contorna, coa cal pretendemos sensibilizarte da importancia de axudarnos a facer da nosa contorna un lugar máis habitable e sustentable.

Para elo pomos a vosa disposición a ficha de persoa socia por se consideras do teu interese asociarte a Amabul cunha contribución anual de 30 € (ou máis se podes), para que poidas cumplimentala, asinala e enviárnola de novo.

As persoas socias teñen unha serie de vantaxes…

Descontos dun 20% (mínimo) sobor os prezos de actividades:
campamentos ambientais infantís e xuvenís, actividades de formación ambiental para adultas/os, Cogomelar…
Reserva de prazas
As socias e socios terán prioridade na reserva de prazas para determinadas actividades con límite de participantes.
Acceso preferente
a materiais e publicacións na nosa web.

Asóciate da seguinte maneira:

1.- Descarga a ficha de inscrición

Ficha de inscrición

2.-Cobre e asina a ficha 

3.-Envía a ficha no seguinte formulario: 

    Adxunta a ficha de inscrición (formatos aceptados PDF, JPG, JPEG)

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Xestión administrativa dos datos das persoas asociadas; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.

    Grazas ás persoas asociadas promovemos…

    Erradicadescantia
    A eliminación da flora exótica invasora nas ribeiras do río Ulla, co noso proxecto Erradicadescantia.
    1

    A capacitación ambiental das nosas nenas, nenos, mozas e mozos
    , cos proxectos Aula Ambiental Ulla e Escola Ambiental Amabul.
    2
    cogomelar
    A formación ambiental de moitas galegas e galegos
    , con cursos ambientais ou xornadas micolóxicas Cogomelar.
    3
    voluntariado ambiental
    A realización de actividades de voluntariado ambiental xuvenil e sénior.
    4

    Publicación de traballos de divulgación ambiental
    , como unidades didáctico ambientalistas sobor a flora, os cogomelos…
    5