Aula Ambiental Ulla

E

ste proxecto, financiado pola Deputación de A Coruña, nace no ano 2019 co gallo de pór en valor o acervo ambiental da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza. Trátase dun aglomerado de actividades ambientais coas que procuramos que as e os participantes realicen un achegamento aos atributos naturais deste espazo protexido por Natura 2000.

Anualmente, no formato de aulas ambientais, proxectamos saídas de campo, itinerarios pedagóxicos, obradoiros ambientais e sesións formativas e de acción para diferentes destinatarias/os, co gallo de fornecer de actitudes e ferramentas á poboación para conservar, promover e defender os recursos naturais e ambientais do seu territorio.

Nestas actividades poden participar, de xeito gratuíto, as persoas que cumpran os requirimentos estipulados para cada unha delas.

Aula Ambiental Ulla

As últimas novas da Aula Ambiental Ulla

COGOMELAR 2026 | Charlas Micolóxicas

 

Un outono máis, COGOMELAR convídanos a descubrir a extraordinaria diversidade do mundo dos fungos. No marco da Semana Micolóxica Galega presentamos un ciclo de seis Charlas Micolóxicas que percorrerá diferentes concellos galegos para achegar …

Últimas novidades taxonómicas nos fungos hipoxeos

 

O ciclo de charlas da Semana Micolóxica Galega COGOMELAR 2026 remata na Pobra do Caramiñal cunha sesión dedicada aos fungos hipoxeos e ás últimas novidades arredor da súa taxonomía.

Ita Paz será a encargada de …