Escola Ambiental Amabul

N

o ano 2008, logo dun intenso estudo da realidade da nosa contorna, Amabul albiscou a necesidade de pór en marcha unha iniciativa de educación ambiental para coa infancia e xuventude, a Escola Ambiental Amabul.

A través deste proxecto, a nosa asociación procura capacitar ambientalmente ás futuras xeracións perante a obrigatoriedade de reverter a crise ambiental que vimos a sufrir nas últimas décadas.

A Escola Ambiental Amabul, parte dunha metodoloxía eminentemente lúdica e baseada na praxe ambiental, situando o medio ambiente no centro do proceso educativo e descubrindo transversalmente as súas compoñentes sociais, culturais, etnográficas…

A través dun programa cheo de xogos e obradoiros ambientais, descubertas da contorna, actividades físico-deportivas no medio natural, actividades de observación, traballos de campo… pretendemos que a nosa infancia e mocidade re conecten coa natura, entendendo o seu rol para con ela.

Escola Ambiental AMABUL

As últimas novas da Escola Ambiental Amabul

ESCOLA AMBIENTAL 25 OUTUBRO 2026 (EA LAB)

Presentamos nova actividade EA LAB na Escola Ambiental Amabul!

Trátase dun obradoiro de ciencia cidadá para analizar a calidade do aire e impulsar cambios sostibles, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través …

ESCOLA AMBIENTAL 25 OUTUBRO 2026 (EA LAB)

Presentamos nova actividade EA LAB na Escola Ambiental Amabul!

Trátase dun obradoiro de investigación ambiental para descubrir e analizar a contaminación invisible presente no aire, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través …

ESCOLA AMBIENTAL 26 SETEMBRO 2026 (EA LAB)

Presentamos nova actividade EA LAB na Escola Ambiental Amabul!

Trátase dun obradoiro de comprensión crítica do aire, a saúde e o territorio, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través da experimentación …