Proxecto Rocha

O

proxecto ROCHA explora as potencialidades das actividades de visualización de zonas especialmente vulnerables dende o punto de vista ambiental no medio rural co fin de facer realidade o intercambio de talento xuvenil-sénior cara o impulso de novas iniciativas no eido da protección do ambiente.

A parella interxeracional deste proxecto compóñena Xosé e Irimia.

Xosé e Irima

Xosé ten 64 anos e dedicou toda a súa vida ao traballo na mina do Pico Sacro. A súa experiencia permítelle recoñecer de primeira man as transformacións do territorio e a importancia de visibilizar as zonas máis vulnerables do medio ambiente, aquelas que precisan atención, coidado e novas oportunidades. Dende esa mirada aposta polo intercambio xeracional como vía para fortalecer o rural e construír futuro conxunto.

Irimia ten 23 anos e é unha bióloga profundamente comprometida coa protección do medio ambiente. Comprende a importancia de identificar e visibilizar as zonas máis vulnerables do medio ambiente, e aposta polo intercambio de talento entre mocidade e persoas sénior como motor para impulsar novas iniciativas de conservación ambiental.

proxecto rocha

Durante os meses de xaneiro a maio de 2026, Xosé e Irimia desenvolveron diferentes accións formativas, capacitadoras, colaborativas e de extensión voluntaria co obxectivo de impulsar unha idea de emprendemento concreta no medio rural no marco da conservación e recuperación de ecosistemas: a creación do xogo de mesa “Seguindo o Seixo: unha viaxe pola minaría”, co obxectivo de achegar ao alumnado de educación primaria e secundaria ao coñecemento sobor a actividade mineira, visibilizando zonas ambientalmente vulnerables e sensibilizar sobor a importancia da restauración ambiental e a mitigación dos impactos sociais e ecolóxicos asociados a esta industria.

talento interxeracional

Neste tempo 180 persoas puideron participar directamente no proxecto PAU a través das súas actividades de extensión voluntaria e de presentación da iniciativa piloto; o custe total do proxecto foi de 9.787,12 € dos cales 8.920,65 € foron financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Proxecto Rocha

Proxectos

Proxecto Rocha

ROCHA

Explora as potencialidades das actividades de visualización de zonas especialmente vulnerables dende o punto de vista ambiental no medio rural.

VER
Proxecto Pau

PAU

Explora as potencialidades do oficio tradicional de cesteira/o no medio rural.

VER
instituciones

As últimas novas do Proxecto Rocha

Acción formativa do proxecto ROCHA (maio)

Presentamos acción formativa do proxecto ROCHA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).

Con esta acción de formación e capacitación arredor extracción mineira na contorna ullá, procuramos explorar as potencialidades das actividades …

Acción formativa do proxecto ROCHA (abril)

Presentamos acción formativa do proxecto ROCHA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).

Con esta acción de formación e capacitación arredor extracción mineira na contorna ullá, procuramos explorar as potencialidades das actividades …

Acción formativa do proxecto ROCHA (marzo)