Programa de Prácticas Curriculares
partir do ano 2018, Amabul regulou o fluxo de estudantes que realizan unha estancia formativa na nosa asociación a través do programa de prácticas curriculares AMABUL.
Na súa maioría trátase de alumnas e alumnos provenientes do Grao de Educación Social, do Certificado de Profesionalidade de Interpretación e Educación Ambiental e de Cursos de Monitor de Lecer e Tempo Libre que se insiren nos programas de capacitación e acción ambiental para desenvolver as súas prácticas curriculares.
Deseño de actividades de educación ambiental, edición de materiais interpretativos, participación en campamentos ambientais, actuacións de sensibilización ambiental… son algunhas das actuacións que o alumnado, mediante un exhaustivo programa de acompañamento e seguimento, desenvolve na súa estada práctica en Amabul.
As últimas novas do Programa de Prácticas Curriculares
Cinco anos do programa de prácticas curriculares AMABUL
VanI xa para cinco anos que AMABUL decidiu regular o tránsito das persoas en prácticas no seo da asociación. Neste tempo foron moitas as persoas educadoras sociais, educadoras ambientais, técnicas en igualdade, técnicas de …
Aberto o prazo de solicitude das prácticas formativas na nosa asociación
Está aberto o prazo para que, as persoas interesadas poidan desenvolver unha estancia de prácticas formativas na nosa asociación.
Na edición 2021, as e os estudantes participarán nos nosos programas e proxectos podendo desenvolver competencias …