Aberto o prazo de solicitude das prácticas formativas na nosa asociación

Está aberto o prazo para que, as persoas interesadas poidan desenvolver unha estancia de prácticas formativas na nosa asociación.

Na edición 2021, as e os estudantes participarán nos nosos programas e proxectos podendo desenvolver competencias relativas a:

  • Interpretación e educación ambiental.
  • Deseño de proxectos de educación e voluntariado ambiental.
  • Deseño e desenvolvemento de actividades de educación ambiental.
  • Condución de grupos de voluntariado ambiental.
  • Posta en práctica de tarefas de conservación e recuperación ambiental.
  • Desenvolvemento de actividades de divulgación ambiental.

Se estás interesada/o en participar no noso Programa de Prácticas Curriculares ou obter máis información ao respecto, escríbenos ao correo practicas@amabul.org