Voluntariado Xuvenil
mabul recibe anualmente un total de 8 persoas de entre os 16 e os 30 anos para participar no seu proxecto de Voluntariado Xuvenil, financiado pola Consellería de Política Social.
Todas as persoas participantes reciben unha formación específica para o seu voluntariado, atoparanse cubertos polos correspondentes seguros e terán dereito á compensación dos gastos de transporte e manutención. De acordo ao perfil da voluntaria/o e ás súas preferencias, participará nalgún dos proxectos que a asociación desenvolve ao longo do ano, recibindo asesoramento e seguimento personalizado.
As últimas novas do Voluntariado Xuvenil
Aberto o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Xuvenil Amabul 2022
Se tes entre 16 e 30 anos e tes gañas de dedicar un pouco do teu tempo a realizar un labor social e ambiental, Amabul é a túa opción.
Neste ano, as voluntarias e voluntarios …
CAMPO DE VOLUNTARIADO ERRADICADESCANTIA
Presentamos o Campo de Voluntariado do Río Ulla “Erradicadescantia”, actividade gratuíta subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
PARTICIPANTES
Poderán participar aquelas mozas …
Presentación do Voluntariado Xuvenil Amabul 2021
Nesta semana realizamos a presentación do grupo de Voluntariado Xuvenil Amabul 2021, conformado por mozas e mozos entre 16 e 30 anos que están participando connosco nos diferentes programas e proxectos da asociación: Aula …