Programa de Voluntariado
programa de voluntariado AMABUL xorde co obxectivo de canalizar a oferta voluntaria que a asociación recibe dentro da comunidade autónoma.
Dentro deste programa ancóranse os proxectos estacionais de Voluntariado Xuvenil, Voluntariado Sénior e Voluntariado Interxeracional que ano tras ano se veñen desenvolvendo no marco da asociación nos seus diferentes ámbitos de acción ambiental. Asemade, Amabul desenvolve de xeito regular o seu proxecto de Voluntariado Ambiental, centrado no control e erradicación de flora exótica invasora.
Neste programa pode participar calquera persoa que lle motive a acción voluntaria ambiental e que cumpra cos requirimentos de cada un dos proxectos, os cales se poden consultar nos anteriores enlaces.

Proxectos

Voluntariado Xuvenil
Para mozas e mozos entre os 16 e os 30 anos con gañas de participar na acción ambiental e de xénero na súa comunidade.
Máis info
Voluntariado Sénior
Para persoas maiores de 55 anos con gañas de participar na acción ambiental e de xénero dentro da súa comunidade.
Máis info
Voluntariado Ambiental
Para público xeral que entenda a necesidade de contribuír na conservación e na recuperación ambiental da contorna.
Máis infoAs últimas novas do Programa de Voluntariado
ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 18 XUÑO 2026
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-info de formación e sensibibilización en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes realizarán un achegamento á problemática das especies …
Campo de Voluntariado Ambiental en la RESERVA NATURAL FLUVIAL DE RÍO TRANCOSO
Presentamos el Campo de Voluntariado Ambiental “RESERVA NATURAL FLUVIAL DE RÍO TRANCOSO”, actividad gratuíta promovida por la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, centrada en la eliminación de la especie exótica invasora Tradescantia fluminensis en los …
ERRADICADESCANTIA ACT 6 XUÑO 2026
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-act de sensibilización a través da acción ambiental no control, seguimento e eliminación de flora exótica invasora na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
Esta actividade …




