Proxecto Luz

O

proxecto LUZ explora as potencialidades das actividades relacionadas coa posta en valor da riqueza ambiental da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza no medio rural co fin de facer realidade o intercambio de talento xuvenil-sénior cara o impulso de novas iniciativas no eido da identificación e difusión da riqueza ambiental (bosques e fungos) da ZEC.

A parella interxeracional deste proxecto compóñena Mónica e Irimia.

Mónica e Irima

Mónica ten 60 anos e a súa paixón dende pequena foi o bosque e os fungos sendo sempre consciente da importancia da súa conservación e do valor que ten transmitir a súa riqueza para tal fin.

Irimia ten 23 anos e dende fai pouco é bióloga, apaixónalle o rural, a micoloxía e a educación, polo que é moi consciente de que a conxunción destes tres eixes ofrece  unha grande oportunidade para o desenvolvemento do seu futuro profesional.

Mónica e Irima

Durante os meses de maio a outubro de 2025, Mónica e Irimia desenvolveron diferentes accións formativas, capacitadoras, colaborativas e de extensión voluntaria co obxectivo de impulsar unha idea de emprendemento concreta no medio rural no marco da conservación e recuperación de ecosistemas: a creación dun breakouteducativo arredor da micoloxía, para alumnado de educación infantil, primaria e secundaria.

Mónica e Irima

Neste tempo 186 persoas puideron participar directamente no proxecto LUZ a través das súas actividades de extensión voluntaria e de presentación da iniciativa piloto; o custe total do proxecto foi de 4.622,57 € dos cales 4.153,77 € foron financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Proxectos

TERRA

Recoñece as potencialidades das actividades relacionadas coa produción de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural

VER

LUME

Explora as oportunidades das actividades relativas á transformación e comercialización de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural

VER

AUGA

Analiza as potencialidades das actividades de conservación e recuperación dos ecosistemas no medio rural

VER

LUZ

Profunda nas oportunidades das actividades de posta en valor da riqueza ambiental dos bosques e fungos da ZEC Ulla-Deza no medio rural

VER
Proxecto Aire

AIRE

Explora as potencialidades das actividades relacionadas coa prevención da contaminación no medio rural

VER
instituciones

As últimas novas do Proxecto Luz

Acción formativa do proxecto LUZ (outubro)

Presentamos acción formativa do proxecto LUZ do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.

Con esta acción de formación e capacitación en materia de riqueza ambiental, procuramos recoñecer a importancia da riqueza ambiental da …

Acción formativa do proxecto LUZ (setembro)

Presentamos acción formativa do proxecto LUZ do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.

Con esta acción de formación e capacitación en materia de riqueza ambiental, procuramos recoñecer a importancia da riqueza ambiental da …

Acción formativa do proxecto LUZ (agosto)