Faladoiros
o ano 2020 nace Faladoiros, proxecto para a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns. Amabul, dentro dos seus eixos pedagóxicos transversais, outorga unha vital importancia ao rol da muller como axente de cambio ambiental e social.
A través deste proxecto, partindo do centro temático dos lavadoiros tradicionais, procuramos pór en valor a figura da muller en conexión coa arquitectura etnográfica da contorna, configurando unha paisaxe cultural única.
Con este proxecto realizamos unha interpretación en clave de xénero e ambiental da historia, evolución e atributos desta singular tipoloxía arquitectónica.

As últimas novas dos Faladoiros
O OFICIO DAS LAVANDEIRAS
Presentamos nova actividade formativa “O OFICIO DAS LAVANDEIRAS” do proxecto “Faladoiros” financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
Trátase dunha sesión “form-activa” (de formación e acción) para recoñecer o labor desenvolto polas mulleres nos lavadoiros a través dun dos seus elementos singulares: o xabón artesanal, coa que se procura os seguintes obxectivos:
Recoñecer o valor cultural e social do oficio de lavandeira.
Aprender a fabricar un produto tradicional cun enorme valor cultural.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 21 de xuño de 2025 ás 11:00 horas.
Centro Sociocultural de Vedra …
A IMPORTANCIA DE XÉNERO DOS LAVADOIROS
Presentamos segunda actividade formativa “A IMPORTANCIA DE XÉNERO DOS LAVADOIROS” do proxecto “Faladoiros” financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
Trátase dunha actividade coa que procuramos afondar no valor de xénero tanto dos lavadoiros como da súa contorna sociocultural, afondando no significado social e cultural desta peculiar tipoloxía arquitectónica, profundado na comprensión do rol de xénero que compren os lavadoiros e promovendo a igualdade de xénero a través do importante papel que cumpriron as lavandeiras.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 31 de maio de 2025 ás 11:00 horas.
Centro Sociocultural de Vedra …
A MELLORA AMBIENTAL DOS LAVADOIROS
Presentamos segunda actividade formativa “A MELLORA AMBIENTAL DOS LAVADOIROS” do proxecto “Faladoiros” financiado pola Deputación da Coruña, co que procuramos a recuperación da memoria ambiental e de xénero dos lavadoiros ulláns.
Trátase dunha sesión “form-activa” (de formación e acción) para a aprendizaxe en técnicas para a conservación e mellora dos lavadoiros ulláns (a desenvolver no Lavadoiro de Fontao – Vedra) coa que se procuran os seguintes obxectivos:
Formar en materia de conservación do patrimonio arquitectónico acuático.
Mellorar o estado de conservación do lavadoiro de Fontao (Vedra) e da súa contorna.
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 26 de abril de 2025 ás 10:00 horas.
Lavadoiro de Fontao (Vedra)
…
Se estás interesada/o en participar nesta actividade apúntate cumprimentando este formulario.
