Proxecto Lume

O

proxecto LUME explora as potencialidades das actividades secundarias no sector agroalimentario (cultivos ecolóxicos e sustentables) co fin de facer realidade o intercambio de talento xuvenil-sénior cara o impulso de novas iniciativas no eido da transformación e comercialización agroalimentaria.

A parella interxeracional deste proxecto compóñena Maruja e Fátima.

Maruja e Fátima

Maruja ten 73 anos e sempre se dedicou ao coidado da súa casa, da súa horta e sobre todo… das súas xentes, co cal desenvolveu un sentido especial para coidar o seu padal empregando o lume para cociñar os produtos da súa terra.

Fa ten 30 anos e dedícase á restauración na aldea, mais é consciente que son tempos de renovarse, reinventarse e emprender para evitar que o despoboamento no rural leve por diante o traballo dos últimos anos.

Maruja e Fátima

Durante os meses de maio a outubro de 2025, Maruja e Fátima desenvolveron diferentes accións formativas, capacitadoras, colaborativas e de extensión voluntaria co obxectivo de impulsar unha idea de emprendemento concreta no medio rural no marco do sector agroalimentario: a creación dun servizo de “Catering da avoa”,iniciativa que ofrece un catálogo de tapas en liña pensadas para servir en bares e tabernas; a través da web, os establecementos poden realizar o seu pedido de tapas elaboradas con produtos de tempada e locais, da horta ecolóxica do Val do Ulla.

Maruja e Fátima

Neste tempo 183 persoas puideron participar directamente no proxecto LUME a través das súas actividades de extensión voluntaria e de presentación da iniciativa piloto; o custe total do proxecto foi de 4.366,91 € dos cales 3.924,03 € foron financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Proxectos

TERRA

Recoñece as potencialidades das actividades relacionadas coa produción de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural

VER

LUME

Explora as oportunidades das actividades relativas á transformación e comercialización de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural

VER

AUGA

Analiza as potencialidades das actividades de conservación e recuperación dos ecosistemas no medio rural

VER

LUZ

Profunda nas oportunidades das actividades de posta en valor da riqueza ambiental dos bosques e fungos da ZEC Ulla-Deza no medio rural

VER
Proxecto Aire

AIRE

Explora as potencialidades das actividades relacionadas coa prevención da contaminación no medio rural

VER
instituciones

As últimas novas do Proxecto Lume

Acción formativa do proxecto LUME (outubro)

Presentamos acción formativa do proxecto LUME do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.

Con esta acción de formación e capacitación en materia de cociña ecolóxica, procuramos recoñecer a importancia da transformación e comercialización …

Acción formativa do proxecto LUME (setembro)

Presentamos acción formativa do proxecto LUME do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.

Con esta acción de formación e capacitación en materia de cociña ecolóxica, procuramos recoñecer a importancia da transformación e comercialización …

Acción formativa do proxecto LUME (agosto)