Proxecto Terra
proxecto TERRA explora as potencialidades das actividades primarias do sector agroalimentario (cultivos ecolóxicos e sustentables) no medio rural co fin de facer realidade o intercambio de talento xuvenil-sénior cara o impulso de novas iniciativas no no eido da produción agroalimentaria.
A parella interxeracional deste proxecto compóñena Carmen e Sarai.

Carmen ten 73 anos e é unha persoa namorada do rural, convencida do valor da terra e dos cultivos ecolóxicos e das potencialidades e oportunidades que ofrecen en termos de emprendemento e calidade de vida.
Sarai ten 30 anos e vive na cidade, mais dende fai un tempo ten unha sensibilidade e curiosidade especial polos recursos que nos ofrece a terra e polo xeito no que a xestión sustentable da mesma nos pode ofrecer novos modos de vida e traballo.

Durante os meses de maio a outubro de 2025, Carmen e Sarai desenvolveron diferentes accións formativas, capacitadoras, colaborativas e de extensión voluntaria co obxectivo de impulsar unha idea de emprendemento concreta no medio rural no marco da conservación e recuperación de ecosistemas: a creación do dun kit de autocultivo sutentable que inclúe, nunha caixa da marca “Proxecto Terra”, unha guía de cultivo de tomate dixitalizada á que se accede a través do código QR, un lote das sementes necesarias coas que iniciar o cultivo e unha mostra de paté de tomate, xunto coa receita manuscrita para saber como transformar o froito e conservalo.

Neste tempo 172 persoas puideron participar directamente no proxecto TERRA a través das súas actividades de extensión voluntaria e de presentación da iniciativa piloto; o custe total do proxecto foi de 4.579,65 € dos cales 4.115,20 € foron financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

Proxectos

TERRA
Recoñece as potencialidades das actividades relacionadas coa produción de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural
VER
LUME
Explora as oportunidades das actividades relativas á transformación e comercialización de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural
VER
AUGA
Analiza as potencialidades das actividades de conservación e recuperación dos ecosistemas no medio rural
VER
As últimas novas do Proxecto Terra
Acción formativa do proxecto TERRA (outubro)
Presentamos acción formativa do proxecto TERRA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de horta ecolóxica, procuramos recoñecer a importancia da produción dos cultivos …
Acción formativa do proxecto TERRA (setembro)
Presentamos acción formativa do proxecto TERRA do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de horta ecolóxica, procuramos recoñecer a importancia da produción dos cultivos …
Acción formativa do proxecto TERRA (agosto)