Programa de Capacitación Ambiental

A

través do programa de capacitación ambiental AMABUL, pomos un marcha un aglomerado de proxectos e actividades cos que procuramos que as persoas e colectivos receptores adquiran coñecementos, habilidades e actitudes congruentes cunha ética ecolóxica que os capacite para actuar individual e colectivamente na solución de problemas ambientais e para mellorar de xeito sustentable as súas relacións coa contorna.

Dende Amabul entendemos esta adquisición de competencias ambientais ligada á acción ambiental xa que mediante este programa promovemos unha educación para a acción, partindo sempre da aprendizaxe significativa, colaborativa, transversal e transformadora.

Dentro deste programa enclávanse proxectos de estrutura fixa como a Escola Ambiental Amabul, aAula Ambiental Ulla ou o Cogomelar e outros de estrutura variable como os Cursos Ambientais Amabul

Capacitación Ambiental

Proxectos

Escola Ambiental

Escola Ambiental

Actividade estacional onde as nenas e nenos e as mozas e mozos de entre os 6 e os 18 anos se converten en auténticos Escautulláns.

Máis info
aula ambiental

Aula Ambiental Ulla

Actividades de descuberta da contorna, itinerarios paisaxísticos, obradoiros ambientais, formación e acción ambiental… para todos os públicos.

Máis info
Cogomelar

Cogomelar

Novo xeito de descubrir o mundo dos cogomelos, dende unha perspectiva de conservación e respecto pola contorna e polos nosos bosques.

Máis info

Formación Ambiental

Cursos formativos, charlas ambientais, mesas de experiencias e de voluntariado… para todos os públicos.

Máis info

As últimas novas do Programa de Capacitación Ambiental

ESCOLA AMBIENTAL 27 XUÑO 2026 (EA LAB)

Presentamos nova actividade EA LAB na Escola Ambiental Amabul!

Trátase dun obradoiro de dinámicas e xogos de mesa arredor da importancia da auga, permitindo ás persoas participantes adquirir valores prosociais a través da experimentación …

Xornadas entomolóxicas ENTOMOLAR 2026

Un ano máis por este tempo volven as Xornadas Entomolóxicas Entomolar, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+26, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Trátase dun proxecto co que AMABUL pretende seguir …

Curso “Monitorado de Voluntariado Ambiental”

Presentamos Curso de Monitorado de Voluntariado Ambiental, actividade gratuíta, pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+26, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa que procuramos capacitar ás persoas participantes para deseñar, coordinar e defender un proxecto …