ESCOLA AMBIENTAL AMABUL NADAL 2026

Dende o equipo educativo de AMABUL abrimos unha nova etapa da Expedición Aire, unha misión ambiental na que as nenas, nenos, mozas e mozos participantes se converterán en observadoras e observadores da natureza para descubrir a importancia do aire, do clima e dos ecosistemas que nos rodean. Durante este Nadal emprenderemos unha viaxe chea de retos, xogos, investigacións e aventuras no medio natural para aprender, explorar e actuar en favor do noso planeta.

Prepárate para despegar con nós e formar parte desta gran expedición ambiental!

 

PARTICIPANTES

  • Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2021 e 2023)
  • Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2015 e 2020)
  • Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2015)

    * É necesario estar asociada/o a AMABUL, faino dun xeito sinxelo premendo aquí

 

DATAS E HORARIOS

Os campamentos desenvolveranse entre o 22 de decembro de 2026 e o 7 de xaneiro de 2027 de luns a venres (agás festivos), en horario de 8:30 a 14:30 horas

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais da contorna

 

ACTIVIDADES

Como ven sendo habitual, AMABUL practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:

  • Xogos e xincanas ambientais.
  • Descubertas da contorna.
  • Aprendizaxe sensorial.
  • Excursións e saídas de campo.
  • Obradoiros de mellora do medio.
  • Actividades de investigación.
  • Coensinanza libre.
  • E moitas máis…

 

PREZO

125 €

***Desconto do 20% a partir da/o segunda/o irmá/n

 

SERVIZO CONCILIA

Necesitas ampliar o horario? Este ano ofrecemos a modalidade Concilia, cun horario ampliado de 8:00 a 16:00 horas, para facilitar a organización familiar durante as vacacións de Nadal. Suplemento Concilia: +45 €  (A realización deste servizo require un mínimo de 7 participantes)

 

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, ATÉ O 13 DE DECEMBRO ao correo xuvenil@amabul.org.

 

Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguintes datos:

Concepto: INSCRICIÓN EAN (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACION MEDIAMBIENTAL AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: DE ACORDO AO SERVIZO SOLICITADO

 

    Datos da/o Participante

    Servizo Concilia


    O Servizo Concilia está condicionado á formación dun grupo mínimo de 7 participantes. No caso de non acadarse o número mínimo de inscricións, reintegrarase o importe correspondente a este servizo.

    Xuntar Folla de autorizacións (se non participou en edicións anteriores) Formato PDF ou JPG

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.