As últimas novas de AMABUL…
ESCOLA AMBIENTAL AMABUL NADAL 2026
Dende o equipo educativo de AMABUL abrimos unha nova etapa da Expedición Aire, unha misión ambiental na que as nenas, nenos, mozas e mozos participantes se converterán en observadoras e observadores da natureza para descubrir a importancia do aire, do clima e dos ecosistemas que nos rodean. Durante este …
XORNADA ERRADICADESCANTIA 28 NOVEMBRO 2026
Continuamos co Programa Erradicadescantia cunha sesión de Erradica sens-act na que faremos seguimento, control e eliminación de flora exótica invasora (Tradescantia fluminensis); e cunha actividade Erradica sens-form que consistirá nunha breve formación sobre a diversidade fúnxica da ribeira do Ulla.
Esta actividade conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua …
ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 28 NOVEMBRO 2026
E avanzamos no Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia, cunha nova xornada Erradicadescantia sens-info de formación e sensibibilización en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes realizarán un achegamento á problemática das especies exóticas invasoras e a posibles estratexias de recuperación ambiental empregando o modelo e experiencia dos …
ESCOLA AMBIENTAL 28 NOVEMBRO 2026 (EA OBRA)
Continuamos a Escola Ambiental Amabul con outra actividade EA OBRA!
Trátase dunha xornada de acción ambiental implicando ao grupo na mellora da contorna dun lavadoiro tradicional para contribuír á conservación do patrimonio local, que permitirá aos/ás participantes desenvolver ferramentas efectivas para a construción da sociedade e o coidado do medio …

Que é AMABUL?
AMABUL é unha organización sen ánimo de lucro que loita por pór en valor o acervo ambiental da comarca natural do Ulla. Procura unha ética ecolóxica entre as súas xentes, tentando ser referente na educación ambiental das mesmas.
Coñece a historia de AMABUL













