Proxecto Aire
proxecto AIRE explora as potencialidades das actividades relacionadas coa prevención da contaminación no medio rural co fin de facer realidade o intercambio de talento xuvenil-sénior cara o impulso de novas iniciativas no eido da prevención da contaminación mediante a xestión responsable dos biorresiduos.
A parella interxeracional deste proxecto compóñena Mila e Andrea.

Mila ten 66 anos e durante a súa xuventude estivo moi vencellada aos traballos da aldea, onde entre hortas e animais entendeu a importancia de realizar unha xestión responsable dos residuos.
Andrea ten 26 anos e representa o paradigma da xuventude galega xa que se criou no rural pero tivo que “emigrar á urbe” en busca de oportunidades, o proxecto AIRE representa para ela a ocasión de redescubrir o rural dende unha nova perspectiva.

Durante os meses de maio a outubro de 2025, Mila e Andrea desenvolveron diferentes accións formativas, capacitadoras, colaborativas e de extensión voluntaria co obxectivo de impulsar unha idea de emprendemento concreta no medio rural no marco da prevención da contaminación mediante a xestión responsable dos biorresiduos: a creación dunha aplicación móbil para o control e seguimento de programas de compostaxe doméstica.

Proxectos

TERRA
Recoñece as potencialidades das actividades relacionadas coa produción de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural
VER
LUME
Explora as oportunidades das actividades relativas á transformación e comercialización de cultivos ecolóxicos e sustentables no medio rural
VER
AUGA
Analiza as potencialidades das actividades de conservación e recuperación dos ecosistemas no medio rural
VER
As últimas novas do Proxecto Aire
Acción formativa do proxecto AIRE (outubro)
Presentamos acción formativa do proxecto AIRE do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de prevención da contaminación, procuramos recoñecer a importancia da prevención na …
Acción formativa do proxecto AIRE (setembro)
Presentamos acción formativa do proxecto AIRE do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR.
Con esta acción de formación e capacitación en materia de prevención da contaminación, procuramos recoñecer a importancia da prevención na …
Acción formativa do proxecto AIRE (agosto)