Erradicadescantia
ende o ano 2017, Amabul ven realizando o seguimento da evolución das plantas exóticas invasoras nas ribeiras do río Ulla. Como é ben sabido, as invasións biolóxicas son o segundo problema, por orde de magnitude, da biosfera, tan só por detrás da destrución dos hábitats, á cal contribúen asemade as invasións biolóxicas.
Froito deste traballo de seguimento, no ano 2020 nace o proxecto Erradicadescantia, ao albiscar o desmesurado grao de invasión provocado pola EEI Tradescantia fluminensis (herba da fortuna) nas ribeiras do río Ulla, ocasionando unha substancial perda da diversidade vexetal autóctona do bosque de ribeira, debido a que esta especie con facilidade forma alfombras mono específicas impedindo o progreso das plántulas de diversas especies nativas (como o Narcissus cyclamineus) reducindo ou anulando a chegada da radiación solar.
Na actualidade, Amabul está tratando de eliminar de xeito manual unha mancha de aproximadamente 5 quilómetros lineais na marxe dereita do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra que, de non incidir con urxencia sobor ela, pronto porá en perigo a rexeneración natural das especies autóctonas.
Con este cometido naceu o proxecto Erradicadescantia, mais debido ao grande poder rexenerador da Tradescantia, precísanse moitos recursos e moito tempo para poder erradicala da nosa contorna.

As últimas novas do Erradicadescantia
ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 18 XUÑO 2026
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-info de formación e sensibibilización en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes realizarán un achegamento á problemática das especies …
Campo de Voluntariado Ambiental en la RESERVA NATURAL FLUVIAL DE RÍO TRANCOSO
Presentamos el Campo de Voluntariado Ambiental “RESERVA NATURAL FLUVIAL DE RÍO TRANCOSO”, actividad gratuíta promovida por la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, centrada en la eliminación de la especie exótica invasora Tradescantia fluminensis en los …
ERRADICADESCANTIA ACT 6 XUÑO 2026
Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.
Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-act de sensibilización a través da acción ambiental no control, seguimento e eliminación de flora exótica invasora na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
Esta actividade …
Se estás interesada/o en contribuír a eliminar esta lacra dos nosos bosques de ribeira, apúntate ao noso Voluntariado Ambiental cumprimentando este formulario e avisarémoste cada vez que realicemos a vindeira acción Erradicadescantia.









