Proxecto Pau
proxecto PAU explora as potencialidades do oficio tradicional de cesteira/o no medio rural co fin de facer realidade o intercambio de talento xuvenil-sénior cara o impulso de novas iniciativas no eido cultural e turístico.
A parella interxeracional deste proxecto compóñena Carmen e Sarai.

Carmen ten 74 anos e está fondamente ligada ao rural e aos oficios tradicionais que del nacen. Convencida do valor da cestería como parte do noso patrimonio cultural e turístico, ve nas fibras naturais e na súa recolla sostible unha oportunidade para coidar o territorio e manter vivo un saber que forma parte da identidade galega.
Sarai ten 31 anos e unha sensibilidade especial polos recursos que ofrece a terra e polo valor dos oficios tradicionais. A cestería esperta nela curiosidade e respecto, ao descubrir como a xestión sostible das fibras naturais pode abrir camiños para novos modos de vida e traballo que conectan creatividade, cultura, turismo e futuro.

Durante os meses de xaneiro a maio de 2026, Carmen e Sarai desenvolveron diferentes accións formativas, capacitadoras, colaborativas e de extensión voluntaria co obxectivo de impulsar unha idea de emprendemento concreta no medio rural no marco da conservación e recuperación de ecosistemas: a creación da iniciativa “Vimbiose”, un espazo de convivencia, formación e produción sostible arredor das vimbieiras e o oficio da cestería, que fomenta a conexión coa natureza e alternativas máis ecolóxicas e autónomas fronte ao consumo actual.

Neste tempo 171 persoas puideron participar directamente no proxecto PAU a través das súas actividades de extensión voluntaria e de presentación da iniciativa piloto; o custe total do proxecto foi de 9.961,24 € dos cales 9.079,35 € foron financiados pola Unión Europea a través dos fondos NextGenerationEU do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

As últimas novas do Proxecto Pau
Acción formativa do proxecto PAU (maio)
Presentamos acción formativa do proxecto PAU do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).
Con esta acción de formación e capacitación arredor do oficio tradicional de cesteira/o, procuramos explorar as potencialidades do oficio …
Acción formativa do proxecto PAU (abril)
Presentamos acción formativa do proxecto PAU do programa de voluntariado interxeracional no medio rural eCIRCULAR (Vetas).
Con esta acción de formación e capacitación arredor do oficio tradicional de cesteira/o, procuramos explorar as potencialidades do oficio …
Acción formativa do proxecto PAU (marzo)