Formación Ambiental

P

ara completar o programa de capacitación ambiental, Amabul proxecta anualmente a realización de cursos monográficos de temática ambiental. Nos últimos anos leváronse a cabo cursos sobor “Interpretación ambiental e do patrimonio”, “Voluntariado ambiental”, “Xestión sostible dos bosques” ou “Monitor de educación ambiental”, xornadas sobor compostaxe, invasións biolóxicas ou flora exótica invasora e outras iniciativas como a “Escola do voluntariado”.

Cada ano, dentro do proxecto de formación ambiental, Amabul oferta a participación en novidosos cursos.

Formación Ambiental

As últimas novas de Formación Ambiental

CURSO DE HUMOR GRÁFICO AMBIENTAL

Presentamos Curso de Humor Gráfico Ambiental, actividade gratuíta subvencionada pola Deputación de A Coruña.

 

PARTICIPANTES

Debuxantes e persoas con habilidades na arte do debuxo que teñan interese en mellorar as súas competencias artísticas, especialmente no eido …

CURSO DE MONITOR/A DE EDUCACIÓN AMBIENTAL

Presentamos Curso de Monitor/a de Educación Ambiental, actividade gratuíta subvencionada pola Deputación de A Coruña.

 

PARTICIPANTES

Profesionais con funcións educativas no eido do medio ambiente en contextos non formais, xestores/as ambientais, guías de ecoturismo, responsables de …

NOITE INTERNACIONAL DOS MORCEGOS

Amabul colabora coa asociación Morcegos de Galicia para celebrar o Día Internacional dos Morcegos con esta fermosa actividade o vindeiro Sábado 28 de agosto ás 20:00 horas.

 

LOCALIZACIÓN

A actividade desenvolverase na contorna da Casa das Artes …