Curso “Monitorado de Voluntariado Ambiental”
Presentamos Curso de Monitorado de Voluntariado Ambiental, actividade gratuíta, pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+26, subvencionada pola Deputación da Coruña, coa que procuramos capacitar ás persoas participantes para deseñar, coordinar e defender un proxecto de voluntariado ambiental con impacto real.
MODALIDADE, DURACIÓN E DATAS
O curso desenvolverase en modalidade mixta (sesións presenciais + traballo guiado online) nun total de 40 horas (das cales será obrigatoria a asistencia ao 75% para recibir certificado acreditativo de aproveitamento) que se distribuirán do seguinte xeito:
- Datas presenciais: 6, 13 e 20 de xuño de 2026, de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:00 horas.
- Traballo online guiado: entre sesións presenciais.
LOCALIZACIÓN
CONTIDOS (40 horas)
- Ler o territorio: identificar problemas reais
- Pasar da idea ao proxecto: obxectivos que funcionan
- Escoller a metodoloxía que mellor encaixa
- Crear actividades que transforman e motivan
- Organizar equipos, materiais e tempos
- Avaliar o impacto e mellorar o proxecto
INSCRICIÓNS
Para formalizar a túa inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario ANTES DO 31 DE MAIO

