Programa de Divulgación Ambiental

C

omo froito dos anos de experiencia na capacitación e na acción ambiental, Amabul vese na obriga de abrir o programa de divulgación ambiental AMABUL co gallo de sistematizar e compilar toda a información xerada no devir do tempo.

Co desenvolvemento deste programa, procuramos que toda aquela persoa que teña inquedanzas pedagóxico-ambientais ou preferencia pola acción ambiental, poida beneficiarse dos diferentes materiais editados pola nosa asociación.

Neste apartado poderás consultar e descargar de xeito libre todas os materiais publicados por Amabul nos últimos anos.

Divulgación ambiental

Exposicións

Wood Wide Web

Exposición

Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta

Os cogomelos son unha pequena e importantísima parte dun organismo maior chamado fungo que, oculto baixo os nosos pés, conecta e da vida aos ecosistemas a través dunha complexa rede social.

Ao igual que nas redes tecnolóxicas, gran parte transpórtase baixo terra, non por cable de fibra óptica senón a través dos fungos, provendo múltiples servizos ecosistémicos que resultan determinantes para a vida do planeta e o benestar da humanidade.

Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta” é unha exposición itinerante que trata sobor a importancia ambiental e ecolóxica dos cogomelos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido da conservación dos nosos bosques e dos nosos recursos micolóxicos.

Ver expo
Expo PEI

Exposición

Unha ameaza chegada dun espazo exterior

Ano 2021, a humanidade viviu décadas aterrada pola posible invasión dun exército de guerreiros extraterrestres sen sequera reparar que os perigos reais sempre proceden do interior do seu planeta, mais… quen son esas marcianas que ameazan a nosa supervivencia?

Segundo o Atlas de Plantas Invasoras de España (2004), as invasións biolóxicas son o segundo problema ambiental por orde de magnitude que afecta á Biosfera, só por detrás da destrución de hábitats, á cal tamén contribúen as plantas exóticas invasoras (PEI).

Unha ameaza chegada dun espazo exterior” é unha exposición itinerante, creada coa financiación da Deputación da Coruña, que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido das invasións biolóxicas provocadas pola flora alóctona.

Ver expo

Unidades didácticas

Unidade Cogomelos

UDA Cogomelos

Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico

unidade didáctico ambiental (UDA) “Os cogomelos como recurso ambiental e pedagóxico” pretende ser unha ferramenta de educación e acción ambiental para o profesorado de secundaria e bacharelato da nosa comunidade autónoma e para outras persoas profesionais da educación, colectivos asociativos e público xeral, que queiran realizar un achegamento didáctico-activo ao mundo dos cogomelos.

Esta UDA xorde do interese da Asociación Medioambiental AMABUL pola conservación ambiental e pola necesidade de educar por e para ela, entendendo o recurso “cogomelos” como piar fundamental para o benestar dos nosos ecosistemas e por tanto, para a nosa saúde.

O que procuramos dende AMABUL con esta proposta, financiada pola Deputación da Coruña, é sensibilizar sobor a importancia da preservación dos nosos micelios ao tempo que procuramos capacitar para o estudo, análise e identificación de especies micolóxicas, despregando para elo o Método “hábitats, cores e formas” (HCF), que con esta publicación se presenta.

Amais, gustaríanos que o Método HCF proposto nesta publicación sirva como guía para a elaboración e concreción doutras iniciativas para a aprendizaxe, sensibilización e capacitación ambiental no eido da micoloxía.

Descargar

UDA Flora exótica invasora

A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos

unidade didáctico ambiental (UDA) “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos” pretende ser unha ferramenta de educación e acción ambiental para o profesorado de secundaria e bacharelato e para outras/os profesionais da educación, colectivos   asociativos e público xeral, que queiran realizar un achegamento didáctico-activo á problemática das plantas exóticas invasoras (PEI) nos ecosistemas fluviais.

Esta  UDA xorde da preocupación da Asociación Medioambiental AMABUL polo deterioro ambiental e paisaxístico que, nos últimos anos están a sufrir os bosques de ribeira dos ríos galegos.

O que procuramos dende AMABUL con esta proposta é sensibilizar e capacitar para a acción ambiental, tomando como referentes pedagóxicos a educación ambiental, entendida como educación para e coa acción, e a interpretación ambiental, procurando un afondamento significativo na problemática das PEI.

Amais, gustaríanos que a metodoloxía proposta con este traballo sirva como guía para a elaboración e concreción doutras iniciativas para a aprendizaxe, sensibilización e capacitación ambiental.

Descargar

Outras publicacións

Humor Ambiental Kiko da Silva

Revista Humor Ambiental

Humor Gráfico Ambiental

Esta publicación sobor Humor gráfico ambiental procura ser unha ferramenta de senbilización ambiental arredor das problemáticas ambientais que asolagan á nosa comunidade.

Xorde como produto do Curso de humor gráfico ambiental desenvolto por AMABUL no outono de 2021, dirixido por Kiko da Silva e financiado pola Deputación de A Coruña.

Esta pequena publicación, deseñada e impresa coa colaboración da Deputación da Coruña, tamén nace co obxectivo de servir como instrumento didáctico ás persoas que se dedican á educación ambiental.

Aquelas persoas interesadas poden descargalo ou solicitar un exemplar enviando un correo a divulgacion@amabul.org.

Descargar

Xogos

logo especies invasoras

Xogo para educación secundaria

Xogo relaciona, unha ameaza chegada dun espazo exterior

Co “Xogo relaciona, unha ameaza chegada dun espazo exterior” procuramos que o alumnado de educación secundaria descubra, dun xeito lúdico, a problemática da flora exótica invasora.

Está composto por un taboleiro, 42 fichas de relación (incluídas 8 fakes) e 8 tics de resposta correcta, para que o alumnado relacione conceptos relativas á flora exòtica invasora.

Xogo realizado coa financiación da Deputación da Coruña.

Descargar
puzle_80x60_01_web_300

Xogo para educación primaria

Crebacabezas, unha ameaza chegada dun espazo exterior

Cos “Crebacabezas, unha ameaza chegada dun espazo exterior” procuramos que o alumnado de educación primaria realice un achegamento lúdico á problemática da flora exótica invasora.

Está formado por cinco crebacabezas distintos (árbores, acuáticas, zoócoras, rizomáticas e especiais) para que o alumnado descubra as principais especies de flora exótica que invaden o curso medio dos nosos ríos.

Xogo realizado coa financiación da Deputación da Coruña.

Descargar

As últimas novas do Programa de Divulgación Ambiental

ESCOLA AMBIENTAL SETEMBRO 2023

Continuamos a Escola Ambiental coa proposta para o mes de setembro: Camiñantes das areas

Unha actividade coa que aprender sobre os insectos galegos que viven nas rochas e na area, os cales contribúen ao equilibro …

O biológo de Amabul visita os estudios da TVG

Nesta mañá, o biólogo de Amabul, Borja Gómez, visitou os estudios da TVG para falar da tempada de cogomelos e da nosa actividade Cogomelar, financiada pola Deputación de A Coruña.

Podes ver a entrevista completa …