Programa de educación ambiental sobre a flora exótica invasora
Presentamos novo programa de educación ambiental arredor da problemática da flora exótica invasora dirixido a centros de educación primaria e secundaria da comunidade autónoma de Galicia durante o curso 2025/2026, consistente na realización do Xogo de Escape Ambiental “Unha ameaza chegada dun espazo exterior” nos propios centros educativos. Trátase dun programa financiado pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Os centros educativos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, a realización do xogo de escape ambiental que amais ven acompañado do préstamo da exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.
DESCRICIÓN
A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:
- Transporte, montaxe, desmontaxe e préstamo da exposición durante unha semana lectiva.
- Realización do xogo de escape ambiental “Unha ameaza chegada dun espazo exterior” no centro educativo (máximo de 3 obradoiros por centro). A duración dos obradoiros será de 50 minutos.
- Préstamo do xogo de escape ambiental “Unha ameaza chegada dun espazo exterior” aos centros de ensino, durante un máximo de unha semana lectiva.
- Entrega da unidade didáctica-ambiental “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos”.
CONDICIÓNS
- As solicitudes serán aceptadas en orde á data de inscrición.
- A inscrición por si mesma non garante a reserva da actividade mentres non sexa confirmada mediante correo electrónico por parte de AMABUL.
- O centro educativo deberá dispor dun espazo axeitado para a instalación da exposición.
- O centro educativo velará polo axeitado coidado dos paneis da exposición.


