Expo: Unha ameaza chegada dun espazo exterior

A

no 2021, a humanidade viviu décadas aterrada pola posible invasión dun exército de guerreiros extraterrestres sen sequera reparar que os perigos reais sempre proceden do interior do seu planeta, mais… quen son esas marcianas que ameazan a nosa supervivencia?

Segundo o Atlas de Plantas Invasoras de España (2004), as invasións biolóxicas son o segundo problema ambiental por orde de magnitude que afecta á Biosfera, só por detrás da destrución de hábitats, á cal tamén contribúen as plantas exóticas invasoras (PEI).

Unha ameaza chegada dun espazo exterior” é unha exposición itinerante que trata a problemática da flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido das invasións biolóxicas provocadas pola flora alóctona. Preséntase como un percorrido secuencial dividido en catro grandes bloques de contidos:

  • Métodos e estratexias de invasión.
  • Impactos ambientais das PEI.
  • Principais PEI dos ecosistemas fluviais e preforestais.
  • Estratexias de prevención, control e eliminación.

A finalidade desta mostra, financiada pola Deputación de A Coruña, é achegar ao público aos principais aspectos relacionados con este problema ambiental, axudando na súa comprensión, promovendo a crítica reflexiva e alentando un cambio de comportamentos congruente cunha ética ecolóxica.

Promotoras da exposición

  • AMABUL
  • Deputación da Coruña

Características da exposición

Condicións de préstamo

  • Préstamo gratuíto.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante.
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).
Consulta as condicións completas para a cesión temporal da exposición.
Expo PEI

Paneis

Panel 1

Panel 2

Panel 3

Panel 4

Panel 5

Panel 6

Panel 7

Panel 8

Panel 9

Panel 10

Panel 11

Panel 12

Panel 13

Panel 14

Panel 15

Panel 16

Descargar PDF da expo

Se desexa máis información sobre esta actividade, por favor envíe un mail a divulgacion@amabul.org

Se desexa solicitar esta exposición para o seu centro educativo, prema no seguinte enlace:

SOLICITUDE EXPO