
IMAXINA O TEU SOLO
O desafío de ciencia cidadá que convida ao alumnado a descubrir o seu solo

↗ PARTICIPA NO CHALLENGE
Fotografa · Imaxina · Participa.
Descubre os solos da túa contorna e participa nun reto de ciencia cidadá no que a IA xenerativa permitirá explorar futuros posibles.

↗ CONVÉRTETE EN CENTRO SEMENTE
20 centros · Obradoiros presenciais
Solicita un obradoiro «Imaxina o teu solo» para achegar a experiencia ao teu centro, con participación de até 50 alumnas e alumnos de Primaria ou Secundaria.

↗ GAÑA UNHA EXPERIENCIA EDUCATIVA
Todos os centros participantes compiten nas dúas categorías do Challenge e optan a unha excursión educativa na ZEC Ulla-Deza.
CIENCIA CIDADÁ · EDUCACIÓN · TERRITORIO
UN DESAFÍO PARA MIRAR O TERRITORIO DOUTRO XEITO
IMAXINA O TEU SOLO transforma a contorna próxima nun espazo de observación, investigación e creación. Os centros participantes descubrirán os solos do seu territorio a través dunha experiencia de ciencia cidadá que conecta territorio, educación e tecnoloxía.
O reto parte dunha acción sinxela: observar e fotografar o solo. A partir desas imaxes, a IA xenerativa permitirá imaxinar e representar visualmente futuros posibles, convertendo cada contribución nunha oportunidade para reflexionar sobor o territorio e a súa conservación.
CALENDARIO OFICIAL
Inscrición dos centros
↓
26 OUTUBRO
Webinar docente
↓
27 OUT → 30 NOV
Challenge «Imaxina o teu solo»
↓
27 OUT → 30 NOV
Obradoiros nos Centros Semente
↓
5 DECEMBRO
Resolución dos centros premiados · Día Mundial dos Solos
IMAGINE-SOIL CHALLENGE
INSCRIBE O TEU CENTRO
Queres saber máis sobre IMAGINE-SOIL?
VISITA A WEB OFICIAL PREMENDO NA SEGUINTE IMAXE 

