CIENCIA CIDADÁ · EDUCACIÓN · TECNOLOXÍA

COMO PARTICIPAR

IMAXINA O TEU SOLO propón aos centros educativos un desafío no que ciencia cidadá, territorio e tecnoloxía se unen para observar os solos da súa contorna e imaxinar os seus futuros posibles.

O punto de partida é o solo próximo ao alumnado. A través da observación e da fotografía, as persoas participantes achegaranse á realidade dos solos da súa contorna e empregarán a IA xenerativa como ferramenta para explorar e representar visualmente futuros posibles.

 

 

FOTOGRAFA · IMAXINA · PARTICIPA

1 · OBSERVA

Explora os solos da túa contorna e escolle o lugar sobre o que queres traballar.

2 · FOTOGRAFA

Rexistra mediante unha fotografía o solo seleccionado.

3 · IMAXINA COA APP

Emprega a aplicación de IMAGINE-SOIL e a IA xenerativa para explorar e representar visualmente un futuro posible para o solo observado.

4 · PARTICIPA

Incorpora a túa proposta ao Challenge «Imaxina o teu solo».

 

A APP IMAGINE-SOIL

A aplicación será a ferramenta empregada durante o Challenge para desenvolver a experiencia coa IA xenerativa.

Próximamente incorporaremos aquí o acceso á aplicación e as instrucións de uso.

 

O CHALLENGE

O Challenge «Imaxina o teu solo» desenvolverase entre o 27 de outubro e o 30 de novembro.

Durante este período, os centros participantes poderán realizar as súas contribucións e formar parte do desafío colectivo.

 

UNHA EXPERIENCIA DE CIENCIA CIDADÁ

Cada achega convértese nunha oportunidade para observar e comprender o territorio dende unha perspectiva diferente e achegar o alumnado ao coñecemento e á conservación do solo mediante unha experiencia que combina observación, investigación, creatividade e tecnoloxía.