
EDUCACIÓN · TERRITORIO · CIENCIA CIDADÁ
CENTROS SEMENTE
IMAXINA O TEU SOLO seleccionará 20 centros educativos que recibirán un obradoiro presencial para impulsar a participación no Challenge.
20 CENTROS · 20 OBRADOIROS
50 MINUTOS · PRIMARIA OU SECUNDARIA · ATÉ 50 PARTICIPANTES
Unha sesión presencial no propio centro para descubrir o solo, aprender a participar no Challenge e experimentar coa ciencia cidadá, a tecnoloxía e a creatividade.
EN QUE CONSISTE?
1 · OBSERVA
Aprende a mirar o solo e a recoñecer sinais relacionados coa súa cor, textura, humidade, biodiversidade e impacto humano.
2 · PARTICIPA
Descubre como facer fotografías válidas e como utilizar a app IMAGINE-SOIL para contribuír ao Challenge.
3 · IMAXINA E INTERPRETA
Explora coa IA futuros posibles para o solo e reflexiona sobre os cambios do territorio e as accións que poden contribuír ao seu coidado.
QUERES SER CENTRO SEMENTE?
Indica o teu interese no formulario de inscrición de IMAXINA O TEU SOLO.
A solicitude non implica a asignación automática do obradoiro.
OBRADOIROS · 26 OUT → 30 NOV


