
PARTICIPACIÓN · CIENCIA CIDADÁ · PREMIO
CATEGORÍAS E PREMIO
Todos os centros participantes concorren nas dúas categorías oficiais do Challenge «Imaxina o teu solo». Non é necesario escoller entre elas: cada contribución válida contabilízase automaticamente para ambas.
DÚAS CATEGORÍAS · DÚAS OPORTUNIDADES
1 · GRAN PEGADA
Gaña o centro que consiga o maior número de contribucións válidas durante o Challenge.
2 · COMPROMISO TOTAL
Gaña o centro que consiga máis contribucións en relación co seu número de estudantes, favorecendo unha participación equitativa entre centros de distinto tamaño.
COMO SE PUNTÚA?
1 IMAXE VÁLIDA = 1 CONTRIBUCIÓN = 1 PUNTO
O ranking actualizarase semanalmente e os centros poderán consultar o seu progreso durante o Challenge.
O PREMIO
EXCURSIÓN EDUCATIVA Á ZEC ULLA-DEZA · ATÉ 50 ALUMNAS/OS
Os centros gañadores das categorías Gran Pegada e Compromiso Total recibirán unha excursión educativa á ZEC Ulla-Deza para até 50 alumnas/os.
Amais, contarán cunha participación destacada no Festival IMAGINE-SOIL, coa exposición das súas visualizacións e a entrega do selo «Centro que mira ao solo · Excelencia 2026–2027».
CANDO COÑECEREMOS OS RESULTADOS?
30 NOV · 23:59 · Peche oficial do Challenge
1 → 4 DEC· Validación final técnica e científica das contribucións e do ranking final
5 DEC · DÍA MUNDIAL DO SOLO · ANUNCIO DOS CENTROS GAÑADORES
TODOS OS CENTROS DEIXAN PEGADA
Todos os centros participantes recibirán o selo dixital «Centro que mira ao solo» como recoñecemento do seu compromiso coa ciencia cidadá e coa Misión Solo.


