CURSO DE HUMOR GRÁFICO AMBIENTAL
Presentamos Curso de Humor Gráfico Ambiental, actividade gratuíta subvencionada pola Deputación de A Coruña.
PARTICIPANTES
Debuxantes e persoas con habilidades na arte do debuxo que teñan interese en mellorar as súas competencias artísticas, especialmente no eido do humor sobor o medio ambiente.
O número de participantes limitarase en función das restricións COVID do momento, mais prevalecerá o perfil do/a participante e a orde de inscrición para a reserva de praza.
DURACIÓN E DATAS
O curso desenvolverase nun total de 12 horas (das cales será obrigatoria a asistencia ao 80% para recibir certificado acreditativo de aproveitamento).
Levarase a cabo os sábados 25 de setembro e 2 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.
LOCALIZACIÓN
Nave da Estación de Santa Cruz de Ribadulla (Vedra)
CONTIDOS
- O humor gráfico galego
- Técnicas para a realización de gags humorísticos
- Da idea ao guión
- A narrativa visual
- O debuxo humorístico
- Técnicas de entintado
- A cor na viñeta humorística
CONDICIÓNS
As persoas inscritas comprométense a asistir á totalidade do curso que será GRATUÍTO e a participar cos seus debuxos nunha publicación sobor “humor gráfico ambiental” que a asociación Amabul editará unha vez rematado o mesmo.
INSCRICIÓNS
Para formalizar a súa inscrición as persoas interesadas deberán cumprimentar o seguinte formulario ANTES DO 20 DE SETEMBRO