Nova edición do programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora
Presentamos nova edición do programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundaria da comunidade autónoma de Galicia, consistente na realización de obradoiros ambientais nos propios centros educativos. Trátase dun programa financiado pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático.
Os centros educativos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, os Obradoiros Ambientais sobor Flora Exótica Invasora que amais veñen acompañados do préstamo da exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.
DESCRICIÓN
A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:
- Transporte, montaxe, desmontaxe e préstamo da exposición durante unha semana lectiva (consultar dispoñibilidade no formulario ao pé).
- Realización de até 3 obradoiros ambientais – visita guiada á exposición no centro educativo (50 minutos de duración).
- Entrega da unidade didáctica-ambiental “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos”.
CONDICIÓNS
- As solicitudes serán aceptadas en orde á data de inscrición.
- A inscrición por si mesma non garante a reserva da actividade mentres non sexa confirmada mediante correo electrónico por parte de Amabul.
- O centro educativo deberá dispor dun espazo axeitado para a instalación da exposición.
- O centro educativo velará polo axeitado coidado dos paneis da exposición.