Expo: Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta

O

s cogomelos son unha pequena e importantísima parte dun organismo maior chamado fungo que, oculto baixo os nosos pés, conecta e da vida aos ecosistemas a través dunha complexa rede social.

Ao igual que nas redes tecnolóxicas, gran parte transpórtase baixo terra, non por cable de fibra óptica senón a través dos fungos, provendo múltiples servizos ecosistémicos que resultan determinantes para a vida do planeta e o benestar da humanidade.

Wood Wide Web, a rede que dá vida ao planeta” é unha exposición itinerante que trata sobor a importancia ambiental e ecolóxica dos cogomelos, procurando sensibilizar, educar e motivar cara a acción ambiental responsable no eido da conservación dos nosos bosques e dos nosos recursos micolóxicos. Preséntase como un percorrido secuencial dividido en cinco grandes bloques de contidos:

  • A internet dos bosques.
  • Os compoñentes da internet.
  • As app da Wood Wide Web.
  • Os servizos da Wood Wide Web.
  • Mantemento da Wood Wide Web.

A finalidade desta mostra, financiada pola Deputación de A Coruña, é realizar un achegamento significativo ao mundo dos fungos, profundando nos servizos ambientais e ecolóxicos que promoven, favorecendo deste xeito unha ollada diferente cara os cogomelos que facilite unha crítica reflexiva sobor os seus aproveitamentos actuais e sobor a súa necesidade de conservación.

Promotoras da exposición

  • AMABUL
  • Deputación da Coruña

Características da exposición

Condicións de préstamo

  • Préstamo gratuíto.
  • Portes de transporte, carga e montaxe a cargo da entidade solicitante.
  • Período de préstamo: 3 semanas (incluídos os días de traslado).
Consulta as condicións completas para a cesión temporal da exposición.
Wood Wide Web

Paneis

Wood Wide Web

Panel 1

Cogomelos Panel 2

Panel 2

Cogomelos Panel 3

Panel 3

Cogomelos Panel 4

Panel 4

Cogomelos Panel 1

Panel 5

Cogomelos Panel 6

Panel 6

Cogomelos Panel 7

Panel 7

Cogomelos Panel 8

Panel 8

Cogomelos Panel 9

Panel 9

Cogomelos Panel 10

Panel 10

Cogomelos Panel 11

Panel 11

Cogomelos Panel 12

Panel 12

Cogomelos Panel 13

Panel 13

Cogomelos Panel 14

Panel 14

Cogomelos Panel 15

Panel 15

Cogomelos Panel 16

Panel 16

Descargar PDF da expo

Se desexa máis información sobre esta actividade, por favor envíe un mail a divulgacion@amabul.org

Se desexa solicitar esta exposición para o seu centro educativo, prema no seguinte enlace:

SOLICITUDE EXPO