Curso “Comunicación ambiental estratéxica práctica: medios, mensaxes e soportes”

Presentamos Curso de Comunicación ambiental estratéxica práctica: medios, mensaxes e soportes, actividade gratuíta subvencionada pola Deputación da Coruña, coa que procuramos capacitar ás persoas participantes en estratexias e ferramentas avanzadas de comunicación ambiental.

 

DESTINATARIAS

Persoas ao servizo de colectivos ambientais, profesionais da educación e profesionais con funcións comunicativas e de sensibilización ambiental, xestoras/es ambientais, responsables de programas de uso público, guías de ecoturismo, empresas de servizos ambientais e turísticos, etc.

O número de participantes é limitado e as prazas asignaranse de acordo ao perfil e á orde de inscrición.

 

DURACIÓN E DATAS

O curso desenvolverase nun total de 12 horas (das cales será obrigatoria a asistencia ao 75% para recibir certificado acreditativo de aproveitamento).

Levarase a cabo os sábados 11 e 18 de outubro, en horario de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas.

 

LOCALIZACIÓN

Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

CONTIDOS

  • Como comunicar de maneira eficaz?
  • Como facer presentacións memorables?
  • Como elixir soportes que soporten os nosos obxectivos?
  • Como facer exposicións sen expoñerse?
  • Como redactar notas de prensa comprensibles?

 

IMPARTE

Antón Lois Estévez, educador e divulgador ambiental, membro do seminario CECoP do CENEAM.

 

INSCRICIÓNS

Para formalizar a túa inscrición deberás cumprimentar o seguinte formulario ANTES DO 10 DE OUTUBRO

    Pertences a algún colectivo/empresa do eido ambiental? A cal?

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.