ERRADICADESCANTIA SENS-INFO 18 XUÑO 2026

Seguimos co Programa de voluntariado ambiental Erradicadescantia.

Nesta ocasión, trátase dunha xornada Erradicadescantia sens-info de formación e sensibibilización en materia de voluntariado ambiental, na que as persoas participantes realizarán un achegamento á problemática das especies exóticas invasoras e a posibles estratexias de recuperación ambiental empregando o modelo e experiencia dos últimos anos do programa Erradicadescantia.

Esta actividade terá lugar na Casa das Insuas de Rábade, centro de conservación e estudo da natureza xestionado pola Asociación Galega de Custodia do Territorio, que constitúe un espazo de referencia para a educación ambiental e a custodia do territorio. O seu compromiso coa sensibilización, a conservación da biodiversidade e a protección do patrimonio natural fai desta entidade unha colaboradora especialmente afín aos obxectivos do programa Erradicadescantia.

Este programa conta coa financiación da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Xoves 18 de xuño de 2026 ás 19:30 horas.

Casa das Insuas – Rábade (Lugo)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese no voluntariado ambiental e a mellora da contorna.

 

Actividade financiada pola