Aberto o prazo para inscribirse no Programa de Voluntariado Xuvenil Amabul 2022

Se tes entre 16 e 30 anos e tes gañas de dedicar un pouco do teu tempo a realizar un labor social e ambiental, Amabul é a túa opción.

Neste ano, as voluntarias e voluntarios participarán en actividades de educación e control ambiental na Aula Ambiental Ulla+22 e na Escola Ambiental Amabul e con actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero co proxecto Faladoiros.

 

E que recibe a cambio o/a voluntario/a?

  • Unha formación específica para o seu voluntariado.
  • Unha experiencia pre profesional moi valiosa.
  • Asesoramento e seguimento personalizado.
  • Un certificado oficial, expedido pola Consellería de Política Social, do seu voluntariado.
  • A cobertura polos correspondentes seguros.
  • A compensación dos gastos de transporte e manutención.

 

Trátase dun programa financiado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

 

Se estás decidida/o, cubre o seguinte formulario cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a voluntariado@amabul.org

    Se es menor de idade:

    Sinala en que tipo de actividades che gustaría participar:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.