CAMPO DE VOLUNTARIADO ERRADICADESCANTIA
Presentamos o Campo de Voluntariado do Río Ulla “Erradicadescantia”, actividade gratuíta subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
PARTICIPANTES
Poderán participar aquelas mozas e mozos entre os 16 e os 35 anos que teñan interese en cuestións ambientais e culturais no medio rural.
O número de participantes limitarase en función das restricións COVID do momento, mais prevalecerá a orde de inscrición para a reserva de praza.
LOCALIZACIÓN
As diferentes accións ambientais e culturais desenvolveranse na ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.
CONDICIÓNS
As persoas inscritas comprométense a participar activamente nos diferentes labores do campo de voluntariado. En todo caso estarán cubertos os seus gastos de aloxamento e manutención, apeiros e útiles de traballo e seguros de accidentes e de responsabilidade civil.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Para cada unha das quendas establécese unha programación de actividades de acordo ao seguinte modelo:
VENRES 18-19 H. Recepción das persoas participantes
VENRES 19-20 H. Presentación do ERRADICADESCANTIA
VENRES 20-22 H. Acomodo e cea das persoas participantes
VENRES 22-23 H. Experiencias SOStibles
—– Pernocta ——
SÁBADO 08-09 H. Hixiene e almorzo
SÁBADO 09-10 H. As EEI na RGEP
SÁBADO 10-14 H. Acción ambiental no Río Ulla (erradicación de flora invasora)
SÁBADO 14-16 H. Hixiene e xantar
SÁBADO 16-20 H. Ruta interpretativa sobor o acervo cultural no rural
SÁBADO 20-22 H. Hixiene e cea
SÁBADO 22-23 H. Mesa creativa de iniciativas sostibles
—– Pernocta ——
DOMINGO 08-09 H. Hixiene e almorzo
DOMINGO 09-10 H. Laboratorio de futuro sobor o cambio climático no rural
DOMINGO 10-14 H. Acción ambiental no Río Ulla (erradicación de flora invasora)
DOMINGO 14-16 H. Hixiene e xantar
DOMINGO 16-19 H. Ruta interpretativa sobor o acervo natural no rural
DOMINGO 19-20 H. Avaliación e peche do Campo
QUENDAS
As persoas interesadas poderán inscribirse nun máximo de dúas das tres seguintes quendas:
1ª Quenda: 17, 18 e 19 de setembro.
2ª Quenda: 24, 25 e 26 de setembro.
3ª Quenda: 1, 2 e 3 de outubro.
Para formalizar a súa inscrición as persoas interesadas deberán cumprimentar o seguinte formulario até 5 días antes do comezo de cada quenda
Descargar a autorización e declaración para adxuntar no formulario