Xornadas entomolóxicas ENTOMOLAR 2024

Presentamos as Xornadas Entomolóxicas Entomolar, actividade pertencente ao programa Aula Ambiental Ulla+24, que conta coa colaboración da Deputación de A Coruña. Trátase dun novo proxecto co que Amabul pretende profundar no estudo e comprensión do mundo dos insectos e na súa importancia ecosistémica, que nesta primeira edición se desenvolverá o sábado 11 de maio mediante a realización dos seguintes obradoiros:

1. OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á ENTOMOLOXÍA (de 10:00 a 11:30 horas): charla de iniciación ao mundo dos insectos e taller sobor entomoloxía.

2. OBRADOIRO DE IDENTIFICACIÓN DE INSECTOS (de 12:00 a 14:00 horas): taller de recoñecemento das principais ordes entomolóxicas.

3. OBRADOIRO “INSECTOS E HÁBITATS” (de 16:00 a 20:00 horas): saída de campo para o coñecemento e identificación dos principais hábitats e insectos da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

 

LOCALIZACIÓN

O punto de partida de cada un dos obradoiros será a Aula Ambiental Amabul (Vedra)

 

INSCRICIÓNS

As persoas interesadas poderán inscribirse de xeito gratuíto á opción que desexen cumprimentando axeitadamente o formulario de preinscrición ao pé deste parágrafo, unha vez recibido correo de confirmación de praza deberán facer un pagamento de 10 € en concepto de “Reserva de praza e materiais” (as persoas asociadas a Amabul terán un 50% de desconto).

A cumprimentación deste formulario e a aceptación do mesmo non garante reserva de praza até que se consume o pagamento da “reserva de praza”, o cal en todo caso se fará antes do 4 de maio de acordo aos seguintes datos:

Concepto: ENTOMOLAR (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 10 € (5 € no caso de persoas asociadas)

 

INSCRICIÓNS PECHADAS!!!