XORNADA ERRADICADESCANTIA 16 DE MARZO 2024
Retomamos o Proxecto para a erradicación da herba da fortuna (Tradescantia fluminensis) das ribeiras do río Ulla.
Este proxecto pretende liberar o sotobosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza para que especies autóctonas como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) poidan desfrutar do seu hábitat nativo.
Dende Amabul convidámoste á primeira xornada de voluntariado ambiental do ano!
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 16 de marzo de 2024 ás 10:00.
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
*As/os menores de idade deberán ir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable.
PROGRAMA DA XORNADA
10:00h Recepción do Voluntariado
10:15h Formación do Voluntariado
10:30h Labores de Erradicación I
12:00h Almorzo con Amabul
12:30h Labores de Erradicación II
14:30h Xantar con Amabul
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.
Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+24” financiado pola Deputación da Coruña e que conta coa colaboración do Concello de Vedra.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO MÉRCORES 13 DE MARZO; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org