Programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora

Presentamos novo programa de divulgación da problemática das especies de flora exótica invasora dirixido a centros de educación infantil, primaria e secundaria da comunidade autónoma de Galicia, consistente na realización de obradoiros ambientais nos propios centros educativos. Trátase dun programa financiado pola Xunta de Galicia, Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Os centros educativos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando antes do 10 de xuño o formulario ao pé , os Obradoiros Ambientais sobor Flora Exótica Invasora que amais veñen acompañados do préstamo da exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.

 

DESCRICIÓN

A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:

  • Transporte, montaxe, desmontaxe e préstamo da exposición durante unha semana lectiva (consultar dispoñibilidade no formulario ao pé).
  • Realización de até 3 obradoiros ambientais – visita guiada á exposición no centro educativo (50 minutos de duración).
  • Entrega da unidade didáctica-ambiental “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos”.

 

CONDICIÓNS

  • As solicitudes serán aceptadas en orde á data de inscrición.
  • A inscrición por si mesma non garante a reserva da actividade mentres non sexa confirmada mediante correo electrónico por parte de Amabul.
  • O centro educativo deberá dispor dun espazo axeitado para a instalación da exposición.
  • O centro educativo velará polo axeitado coidado dos paneis da exposición.

 

    Obradoiros ambientais en centros educativos

    Datos da entidade solicitante

    Datos da persoa de contacto

    Datas da solicitude

    PRAZAS ESGOTADAS

    Condicións xerais

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Xestión administrativa dos datos das persoas asociadas; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.