Comeza o ERRADICADESCANTIA 2022
Amabul retoma as súas accións ambientais cunha xornada de erradicación da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla ao seu paso polo concello de Vedra. Trátase dunha especie invasora moi agresiva que se está a espallar de xeito descontrolado por todo o sotobosque ribeirego ullán, provocando un gran problema ambiental para as especies autóctonas, impedindo o seu crecemento e desenvolvemento.
Especies como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) precisan da túa axuda!!!
DATA E LOCALIZACIÓN
Sábado 14 de maio de 2022 ás 9:15h
Área Recreativa de Agronovo (Vedra)
REQUIRIMENTOS
Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.
Por mor dos protocolos COVID recoméndase que o voluntariado veña provisto das súas propias luvas.
PROGRAMA DA XORNADA
9:15h Recepción do Voluntariado
9:30h Formación do Voluntariado
10:00h Labores de Erradicación I
12:00h Almorzo con Amabul
12:30h Labores de Erradicación II
14:00h Fin da Xornada
As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.
Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+22” financiado pola Deputación da Coruña.
Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO 10 DE MAIO cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org