Xornada de voluntariado ambiental ERRADICADESCANTIA

Logo das dúas primeiras xornadas do Erradicadescantia, nas cales conseguimos eliminar máis de 4 toneladas da herba da fortuna (tradescantia fluminensis) nas ribeiras do río Ulla, convidámoste a unha nova xornada de voluntariado ambiental para seguir mellorando o estado de conservación do bosque de ribeira da ZEC Sistema fluvial Ulla-Deza.

Especies como o carballo, o freixo, o amieiro ou o narciso ciclamen (especie endémica) precisan da túa axuda!!!

 

DATA E LOCALIZACIÓN

Sábado 25 de xuño de 2022 ás 9:15h

Área Recreativa de Agronovo (Vedra)

 

REQUIRIMENTOS

Poderá participar calquera persoa de calquera idade con interese na mellora da contorna.

 

PROGRAMA DA XORNADA

9:15h  Recepción do Voluntariado

9:30h  Formación do Voluntariado

10:00h Labores de Erradicación I

12:00h Almorzo con Amabul

12:30h Labores de Erradicación II

14:00h Fin da Xornada

 

As persoas interesadas recibirán formación inicial sobor metodoloxías de eliminación e control de flora exótica invasora, estarán cubertas polos seguros correspondentes, recibirán as ferramentas necesarias para o labor ambiental e terán dereito a solicitar certificado do seu labor voluntario.

 

Trátase dunha actividade pertencente ao programa “Aula Ambiental Ulla+22” financiado pola Deputación da Coruña.

 

Se xa estás decidida/o a axudar ao bosque de ribeira, cubre o seguinte formulario ANTES DO 21 DE XUÑO cos teus datos e agarda que nos poñamos en contacto contigo; se tes calquera dúbida tamén podes enviarnos un correo a accion@amabul.org

    Se es menor de idade:

    Información básica sobor Protección de datos

    Responsable: ASOCIACIÓN MEDIOAMBIENTAL AMABUL; Finalidade: Prestar os servizos solicitados, participación nas actividades organizadas e enviar información relacionada coa asociación; Lexitimación: Execución dun contrato, interese lexítimo do Responsable, consentimento da persoa interesada; Destinatarios: Están previstas cesións de datos a: Entidades financeiras, Terceiros nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidade/s expresada/s, nos supostos previstos segundo a Lei, están previstas transferencias a terceiros países; Dereitos: Ten dereito a acceder, rectificar e suprimir os datos, así como outros dereitos, indicados na información adicional, que pode exercer dirixíndose a amabul@amabul.org ou AULA AMBIENTAL AMABUL - C.P. 15.885 - VEDRA (A CORUÑA). Procedencia: A propia persoa interesada; Información adicional: Solicitándoa nas instalacións da asociación ou a través do correo electrónico amabul@amabul.org.