Amabul presenta os seus Campamentos Ambientais de verán
Un ano máis Amabul desenvolve durante os meses de xuño, xullo e agosto de 2022 os seus campamentos ambientais para público benxamín, infantil e xuvenil.
PARTICIPANTES
- Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2016 e 2018)
- Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2010 e 2015)
- Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2010)
QUENDAS
- Campamento Ambiental Xuño (dende o 27 de xuño ao 1 de xullo de 2022)
- Campamento Ambiental Xullo (dende o 1 ao 31 de xullo de 2022)
- Campamento Ambiental Agosto (dende o 1 ao 31 de agosto de 2022)
*** Posibilidade de inscrición por quincenas naturais nos meses de xullo e agosto (interesadas/os contactar a través de xuvenil@amabul.org)
DATAS E HORARIOS
Cada campamento desenvolverase nas datas sinaladas no apartado anterior, de luns a venres, en horario de 8:30 a 14:30
LUGAR DE REALIZACIÓN
Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais da contorna
PRAZAS
Limitadas de acordo aos protocolos e restriccións COVID do momento
ACTIVIDADES
Como ven sendo habitual, Amabul practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:
- Rutas de sendeirismo e en caiac.
- Xogos educativos na natureza.
- Actividades de descuberta patrimonial.
- Excursións e saídas de campo a diferentes zonas naturais galegas.
- Xincanas de observación e orientación.
- Dinámicas de sensibilización ambiental.
- Grandes xogos interxeracionais.
- Actividades deportivas e de auga no medio natural.
- E moitas máis…
PREZOS por quenda
Quenda de xuño:
60 €
45€ (persoas asociadas)
Quendas de xullo e agosto (prezos por mes e participante):
190€
150€ (persoas asociadas)
***Desconto do 30% a partir da/o segunda/o irmá/n
***Posibilidade de servizo de transporte no interior do concello de Vedra (50€ por participante e quenda de mes completo e 20€ por participante e quenda de xuño)
Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, antes do 7 de xuño (para a quenda de xuño), antes do 15 de xuño (para a quenda de xullo) e antes do 15 de xullo (para a quenda de agosto), ao correo xuvenil@amabul.org.
Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguinte datos:
Concepto: DOAZÓN ESCOLA AMBIENTAL (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)
Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL
IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820
Importe: De acordo ao/s servizo/s contratado/s