Escola Ambiental AMABUL de Nadal

Presentamos a ESCOLA AMBIENTAL DE NADAL

Un nadal máis Amabul presenta a súa Escola Ambiental para público infantil e xuvenil, coa novidade da QUENDA PARA BENXAMÍN desta edición.

 

PARTICIPANTES

  • Campamento Ambiental Benxamín (nenas e nenos nadas/os entre 2016 e 2018)
  • Campamento Ambiental Infantil (nenas e nenos nadas/os entre 2009 e 2015)
  • Campamento Ambiental Xuvenil (mozas e mozos nadas/os antes de 2009)

 

DATAS E HORARIOS

Os campamentos desenvolveranse entre o 22 de decembro de 2021 e o 7 de xaneiro de 2022 de luns a venres (agás festivos), en horario de 8:30 a 14:30

 

LUGAR DE REALIZACIÓN

Casa das Artes de San Fins de Sales (Vedra – A Coruña) e diferentes espazos naturais da contorna

 

PRAZAS 

Limitadas de acordo aos protocolos e restriccións COVID do momento

 

ACTIVIDADES

Como ven sendo habitual, Amabul practica unha pegadoxía do lecer centrada na descuberta da e coa contorna, espertando nas nenas, nenos, mozas e mozos o necesario sentimento de conexión coa natureza, coa comunidade e co mundo no que viven, a través de actividades como:

  • Xogos ambientais.
  • Descubertas da contorna.
  • Aprendizaxe sensorial.
  • Saídas de campo.
  • Xincanas de observación e orientación.
  • Obradoiros de mellora do medio.
  • Actividades de investigación.
  • Xincanas ambientais.
  • Coensinanza libre.
  • E moitas máis…

 

PREZOS

100€

80€ (persoas asociadas)

***Desconto do 30% a partir da/o segunda/o irmá/n

 

Para realizar a inscrición deberás cumprimentar o formulario que atoparás ao pé desta publicación e enviar recibo de pagamento, antes do 15 de decembro ao correo xuvenil@amabul.org.

Para garantir a reserva de praza é preciso realizar o ingreso do importe da matrícula de acordo aos seguinte datos:

Concepto: DOAZÓN ESCOLA AMBIENTAL (NOME E APELIDOS DA/O PARTICIPANTE)

Beneficiario: ASOCIACIÓN AMABUL

IBAN: ES22 2080 0320 2330 0007 3820

Importe: 80 EUROS (persoas asociadas) 100 EUROS (persoas non asociadas)

 

INSCRICIÓNS PECHADAS