Obradoiros ambientais en centros educativos
Comeza a programación da Aula Ambiental Ulla +22, financiada pola Deputación da Coruña, coa proposta desta Aula de Primavera.
Os centros educativos que o desexen poderán solicitar, cumprimentando o formulario ao pé, os Obradoiros Ambientais sobor Flora Exótica Invasora que nesta edición veñen acompañados do préstamo da exposición “Unha ameaza chegada dun espazo exterior”.
DESCRICIÓN
A presente actividade é de carácter totalmente gratuíto e estará composta de:
- Transporte, montaxe, desmontaxe e préstamo da exposición durante unha semana lectiva (consultar dispoñibilidade no formulario ao pé).
- Realización de até 4 obradoiros ambientais – visita guiada á exposición no centro educativo (realizaranse 2 o día da montaxe da exposición e 2 o día da desmontaxe).
- Entrega da unidade didáctica-ambiental “A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos”.
CONDICIÓNS
- As solicitudes serán aceptadas en orde á data de inscrición, prevalecendo as solicitudes recibidas de centros educativos que non participaran en edicións anteriores da Aula de Primavera.
- A inscrición por si mesma non garante a reserva da actividade mentres non sexa confirmada mediante correo electrónico por parte de Amabul.
- O centro educativo deberá dispor dun espazo axeitado para a instalación da exposición.
- O centro educativo velará polo axeitado coidado dos paneis da exposición.
PRAZAS ESGOTADAS
Se desexa máis información sobre esta actividade, por favor envíe un mail a divulgacion@amabul.org