Remata a Escola da Sensibilización Ambiental

Logo de case catro meses, esta semana rematamos co proxecto Escola da Sensibilización Ambiental do programa Aula Ambiental Ulla+22, financiado pola Deputación da Coruña.

Durante este tempo, Amabul percorreu diferentes centros educativos da provincia da Coruña nos que, durante unha semana lectiva, instalou a súa exposición Unha ameaza chegada dun espazo exterior, desenvolveu obradoiros educativos sobor a problemática da flora exótica invasora, realizou xogos ambientais e entregou a unidade didáctica A flora exótica invasora no curso medio dos ríos galegos ao profesorado dos mesmos.

Os centros educativos participantes nesta edición foron:

  • CEIP de Caión (Laracha).
  • CEIP Pío XII (Santiago de Compostela).
  • CFEA Guísamo (Bergondo).
  • CEIP María Barbeito (A Coruña).
  • CEIP Bormoio-Agualada (Coristanco).
  • IES Fernando Esquío (Neda).
  • CEIP Alborada (A Coruña).
  • CEIP A Solaina (Narón).
  • CEIP Nº1 (Melide).
  • CEIP das Fontiñas (Santiago de Compostela).
  • IES de Catabois (Ferrol).
  • IES A Pobra do Caramiñal (Pobra do Caramiñal).
  • CPI de Vedra (Vedra).
  • CRA “Neira Vilas” (Boqueixón-Vedra).

 

En total foron 4.515 alumnas e alumnos de educación infantil, primaria e secundaria os que accederon a este proxecto a través da súa exposición e 1.279 os que puideron desfrutar dos obradoiros ambientais nos propios centros educativos.